Ante as declaracións efectuadas polo alcalde de A Pontenova, e nas que nos acusa de mentir sobre a súa renuncia ás axudas da Xunta para a Festa da Troita, dende o PP, e en nome propio, como voceiro e candidato á alcaldía, quero manifestar o seguinte:
PRIMEIRO: Xa non só é grave que un alcalde non pida este tipo de axudas, senón que por riba acaba de demostrar que non coñece que existen.
SEGUNDO: As nosas manifestacións foron realizadas co máis absoluto rigor. Na seguinte ligazón se pode comprobar como son as entidades locais, é dicir, os Concellos os que deben de formalizar a solicitude: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU500A. Por tanto, o PP non minte. É o Sr. Campos o que non se entera; cuestión que nun alcalde é cando menos unha proba de irresponsabilidade política.
TERCEIRO: A maioría destes festexos son organizadas por asociacións, pero a propia orde da Xunta establece que o apoio aos Concellos é para sufragar parcialmente os investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia, sendo pois as entidades locais as que deben emitir a petición. É o caso das filloa de Muimenta, a Queimada de Cervo os As Quendas de Mondoñedo. Precisamente, entre os custos subvencionables está o apoio de persoal municipal e material para apoiar loxisticamente o evento.
CUARTO: Por todo elo, consideramos que o Sr. Darío Campos debe, primeiro, recoñecer publicamente o seu erro e, segundo, pedir desculpas tanto ao PP de A Pontenova por acusarnos de mentir, como aos seus veciños por non facer os deberes, desperdiciando así unha axuda económica coma esta, que contribúe a potenciar este festexo de enorme interese para o municipio e a comarca. E é que polo seu desleixo, A Pontenova perdeu ata 2019 máis de 4.000 euros cada ano e, a partir desta anualidade, de seguir nesta senda, máis de 7.000.