Partido Popular de Lugo

Antonio Riveira presenta un equipo de persoas coñecedoras da realidade dos xermadeses e centrado na “vontade de traballo”

30, abril, 2019. O alcaldable do PP de Xermade, Antonio Riveira, presenta a candidatura popular coa que agarda recuperar a alcaldía nas eleccións municipais do 26 de maio e que se basea na “ilusión” e na “vontade de traballo” co obxectivo de lograr “o ben dos xermadeses” e recuperar para o noso municipio “unha xestión eficiente e responsable”.

 

O alcaldable do Partido Popular é ben coñecido no municipio tanto polo desenvolvemento da súa profesión como enxeñeiro agrícola coma pola súa condición de concelleiro en anteriores mandatos. Polo tanto, os seus veciños e veciñas son coñecedores da súa honradez, humildade e vontade de diálogo; así coma da súa experiencia na xestión. Pero, ademais, Riveira asegura que “non escatimarei esforzos” en traballar polo ben de Xermade e os xermadeses e comprométese a ter en conta a todos e todas dende a cercanía que supón ser tamén coñecedor dos problemas reais da xente de Xermade. A este respecto, o popular engade que “non quedará un veciño que plantexe os seus problemas ao equipo de Goberno popular ao que non se lle trate de solucionar desde a xestión municipal”.

 

Experiencia, xuventude e ilusión

O popular contará cun equipo de persoas “dispostas a traballar por Xermade e que comparten comigo o obxectivo de recuperar a boa xestión en Xermade”. Nese senso, Riveira asegura que se trata de “persoas de diferentes lugares do municipio comprometidas co servizo á poboación de Xermade e as súas parroquias”. Son unha mestura de “experiencia, xuventude e ilusión”, concreta.

 

 

Candidatura

1.- Antonio Riveira Requeijo. Enxeñeiro técnico agrícola de profesión con experiencia na xestión pública e recoñecemento no eido profesional.

 

2.- Isabel Campello Ares. Avogada que exerce como letrada da Administración de Xustiza. Colabora con asociacións do concello en xestións legais e administrativas.

 

3.- José Luís Vilasuso Paz. Enxeñeiro de montes. Exerce a actividade na empresa privada como proxectista e director de obras. Presidente do TECOR Xermade que aglutina aos socios cazadores e un importante territorio que permite conservar o medio natural e axuda a controlar a fauna salvaxe.

 

4.- Laura Romero Gato. Administrativa. Exerceu a actividade durante estes anos como axente dunha entidade bancaria en Xermade demostrando a súa capacidade de traballo, cercanía e xestión.

 

5.- Ramón Eugenio Otero Otero. Axente comercial. Traballou recentemente como persoal da brigada contra incendios de Xermade. Destaca pola súa seriedade no traballo e a súa persistencia no cumprimento dos seus obxectivos.

 

6.- Marta Paz Paz. Administrativa e xerente dunha empresa de construción. A súa xuventude, experiencia e bo trato reúnense para dar servizo á clientela e, agora tamén, á poboación do concello.

 

7.- José Luís Otero Paz. Gandeiro. Traballador incansable e coñecedor das problemáticas do medio rural en xeral e daquelas que se atopan as explotacións gandeiras á hora de producir con rendibilidade e en loita coa fauna salvaxe.

 

8.- Manuel Prieto Bello. Transportista dunha empresa de transformación láctea. Coñecedor do medio rural, da situación das vías de comunicación e transporte, así coma da situación da industria láctea.

 

9.- Francisco López Pena. Gandeiro. Xerente dunha explotación gandeira que soubo transformar ata aumentala aproveitando os procesos de concentración parcelaria e a xestión de pastos en monte en man común nos que participou activamente.

 

S1.- Noelia María Guerreiro Augusto. Empresaria do sector das enerxías renovables e a enoloxía. É unha muller nova, pero con gran experiencia profesional derivada do emprendemento e a loita por conquerir o seus obxectivos. É un exemplo para a xestión municipal.

 

S2.- Pablo Rochela Iglesias. Traballador por conta allea. Exemplo de xuventude e dedicación.

 

S3.- Luis Pena Carballo. Traballador por conta allea que se foi adaptado ás circunstancias do mercado laboral.

 

S4.- Mario Félix García Prieto. Empregado dunha empresa de áridos. É unha “institución” no seu traballo e exemplo de compromiso político.

 

S5-. Andrés Ares Ameijide. Empregado no parque empresarial de Xermade. Destaca pola súa constancia e firmeza.

 

S6.- Alberto Pena Criado. Agora xubilado, é considerado o pai do asociacionismo deportivo en Xermade e recoñecido por ser incansable impulsor dese tipo de actividades.