Partido Popular de Lugo

Lugo, entre as catro provincias de España onde gaña o PP

29, abril, 2019. Lugo está entre as catro provincias de España onde o Partido Popular gañou onte as eleccións xerais, xunto con Ourense, Ávila e Salamanca. Na cidade autónoma de Melilla tamén o PP foi o máis votado.

 

A diferenza destas, precisan, somos a única provincia española na que mantemos a representación no Congreso e no Senado: con dous deputados e tres senadores.

 

Así, a de Lugo é a segunda provincia que acada unha maior porcentaxe de voto para o Partido Popular en España:

 

OURENSE 34,81%

LUGO 33,61%

ÁVILA 31,40%

SALAMANCA 28,62%

MELILLA 23,91%

 

A maiores, no Senado o PP en Lugo mantén os tres senadores e 6.607 votos de diferenza entre o senador popular e o socialista máis votado.

 

O PP resiste a baixada na provincia

A presidenta provincial, Elena Candia, explica que, se ben “non é o resultado que esperabamos, o PP segue a ser a opción preferida polos lucenses, polo que resistimos a baixada que viviron outras provincias de España, dato que temos que poñer en valor”.

 

Candia precisa que é o momento de analizar a xornada de onte “con realismo, con franqueza e con contundencia”.

 

Algúns datos a destacar:

-O PP de Lugo supera en 17 puntos o resultado a nivel nacional (16,70%, +16,91 puntos).

-Superamos en 6 puntos o resultado a nivel galego (27,39%, +6,22 puntos).

-Superamos en 8 puntos os resultados de Pontevedra (25% son 8,61 puntos). e A Coruña (25,50% son 8,11 puntos).

-O PP obtén a vitoria en 42 concellos dos 67 que hai na provincia de Lugo. (O 62% do total).