Partido Popular de Lugo

O PP de Muras da a coñecer a súa candidatura completa e avanza as principais liñas do seu programa electoral

18, abril, 2019. O Partido Popular de Muras de vén de completar a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio con Eugenia Requeijo como cabeza de lista.

A popular avanzou que Alberto Díaz e Jesús Trastoy ocuparán os número 2 e 3, respectivamente, da lista popular aos comicios municipais de Muras. Tamén forman parte da candidatura coa que o PP pretende recuperar a alcaldía do municipio Luis Carballido, Sandra Trastoy, Fernando Carballido e Jaime Lázaro.

 

Os ataques do lobo, un problema para os veciños

Eugenia Requeijo asegura que os frecuentes ataques do lobo ás cabezas de gando bovino e equino no municipio preocupan aos veciños e veciñas que teñen como principal sustento a actividade gandeira. A popular asegura que “o lobo causa importantes perdas” e, polo tanto, avanza que dende o Goberno local os populares estudarán a forma de establecer axudas en función da especie que sufriu o dano e como suplemento ás que xa concede o Goberno da Xunta ante as solicitudes de compensación.

 

Entre as medidas que recollerá o programa co que os populares concorren ás eleccións municipais atópanse outras de calado para os veciños e veciñas como aquela que pretende favorecer a concentración privada de fincas entre os propietarios.

 

Medidas prioritarias

A maiores os populares avanzan que axudarán a aquelas empresas, autónomos ou emprendedores que se queiran asentar en Muras. Concretamente, a candidata asegura que "facilitaremos a apertura dunha Casa do Maior, que apoia a Xunta, e que permitiría ás familias contar cun servizo de atención diúrna aos nosos maiores".

 

Outra das actuacións que consideran prioritaria é a implantación da traída de auga para a parroquia de A Balsa e a mellora e ampliación das traídas de Irixoa e Carelle. Así mesmo, o Goberno local ocuparase do arranxo de camiños públicos e estradas, ante o mal estado que presentan moitos deles.

 

Son, segundo destaca a candidata, as principais liñas estratéxicas do seu programa que buscan, precisa, “atender aquelas necesidades máis urxentes e prioritarias do noso Concello”, así como asentar poboación tendo en conta as necesidades dos máis desfavorecidos.

 

Candidatura

 

Mª Eugenia Requeijo Chao

Alberto Díaz Díaz

Jesús Trastoy Camba

Luis Carballido Orosa

Sandra Trastoy Chao

Fernando Carballido Amor

Jaime Lázaro Vidal

 

Suplentes:

Elías García Rubiños

Juan Antonio Tojeiro Pita