Partido Popular de Lugo

O PP lucense contará co presidente da Sociedade Española de Reumatoloxía nun acto de sanidade

15, abril, 2019. O Partido Popular lucense organiza un acto sectorial sobre sanidade que se desenvolverá este martes 16 de abril no hotel Méndez Núñez de Lugo a partir das sete da tarde coa participación do presidente da Sociedade Española de Reumatoloxía, Juan J. Gómez-Reino; e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; xunto aos candidatos do PP ao Congreso e ao Senado.

 

Currículo

Juan J. Gómez-Reino é graduado e doutor en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid especializado en Reumatoloxía. Despois de formarse en medicina interna e reumatoloxía no Hospital Clínico de Madrid e na State University of New York, Stony Brook conseguindo a certificación do American Board of Internal Medicine e do ABIM-Rheumatology pasou a desenvolver a súa profesión como reumatólogo no Hospital Doce de Octubre onde formou parte da Unidade de Investigación Xeral ata pasar no 1997 a ser xefe do servizo de Reumatoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago. É catedrático de medicina da Universidade de Santiago (USC) e recibiu no 2014 o XVIII Premio Novoa Santos como recoñecemento público á traxectoria académica, asistencial e organizativa.

 

O seu interese principal na investigación é nas artropatías inflamatorias crónicas. Actualmente, o profesor Gómez-Reino está a traballar na Fundación Ramón Domínguez, no Hospital Clínico Universitario de Santiago e no HM Nuestra Señora da Esperanza. É o autor ou coautor de numerosos artigos e artigos orixinais sobre artrite reumatoide, espondiloartrite e outras enfermidades reumáticas crónicas.