Partido Popular de Lugo

Candia apela á unidade “porque votar ao PSOE significa estar do lado dos que non buscan unha solución para Alcoa e retrasan a A-74”

6, abril, 2019. A presidenta provincial, Elena Candia, apelou este sábado á unidade no mitin organizado en Burela, e no que tamén interviron o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano, e o candidato á alcaldía, Manuel Rouco, porque, segundo puxo de relevo, “votar ao PSOE é estar do lado dos que non buscan unha solución para Alcoa e retrasan a A-74”.

Así de contundente se manifestou a dirixente dos populares na provincia, quen destacou a importancia de que “os veciños deste Concello, así como toda a Mariña, deben de saber que o voto socialista, non beneficia á nosa comarca”. Proba delo, son o desentendemento que o Goberno está levar a cabo con respecto da planta de San Cibrao ou “o tixereitazo” que pretendía aplicar nos Orzamentos deste ano na autovía da Mariña, pero que, “grazas aos compañeiros que temos no Senado, finalmente as contas non saíron adiante”.

Por este motivo, defendeu o traballo feito polos deputados en Madrid para “evitar ou frear a sangría”, na que A Mariña “queda á cola das previsións do Goberno”. “Con Sánchez, á nosa comarca só lle tocan as sobras”. Por iso, destacou, “é moi importante que apoiemos ao Partido Popular”. “Somos o único Partido, repito, o único Partido que pode dar coherencia e sentido común ás administracións”. “Os bureleses sábeno ben. Ata 2015 este Concello tiña unha folla de ruta clara, que se traducía en inversións e proxectos cuxos únicos destinatarios eran os veciños. Dende esa data, o que temos é un despropósito”.

“Sánchez vulnerou un dos principios máis importantes que temos, que é o constitucionalismo. Hai escasos días, en Mondoñedo, celebrabamos o 40 aniversario dos Concellos democráticos, cos que pretendiamos poñer en valor o traballo de todas as Corporacións que traballaron para mellorar o noso pobo. Por este motivo, resulta triste, é díceo quen naceu coa Constitución, ver como un presidente quere seguir na Moncloa, a costa de establecer alianzas con Partidos que pretenden romper un país ”.

Na mesma liña, Jaime de Olano proclamou diante os asistentes que o PP é un #ValorSeguro. “Ayer mismo nos lo trasladaba el conselleiro de Industria en Viveiro que desde la Xunta están realmente preocupados por el futuro de Alcoa. Lo cierto es que nosotros también lo estamos”. Por iso, convidou aos mariñanos a facer unha reflexión. “Debemos repensar que es lo que nos interesa como españoles, gallegos y lucenses. Si nos conviene un presidente más preocupado por sus viajes privados o cambiar un colchón que por generar empleo, o un presidente como Pablo Casado que, estoy convencido, retomará todos y cada uno de los proyectos que el PP de Rajoy dejara encaminados para la Mariña y esta provincia”.