Partido Popular de Lugo

O coñecido empresario de Viveiro Óscar Rodríguez Blanco, candidato do PP á alcaldía

4, abril, 2019. O coñecido empresario de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, será o candidato do PP á alcaldía deste municipio, logo de que a súa proposta acadase o apoio da afiliación viveirense. A presidenta provincial, Elena Candia, agradece ao alcaldable que “dese este paso adiante”, destacando que “ten un proxecto claro para Viveiro e respaldado”.

 

Asemade, pon en valor “a súa capacidade de xestión, como así o demostra a súa traxectoria empresarial e profesional”, pois Rodríguez Blanco é o presidente fundador do Centro Comercial do Casco Histórico, así como do Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia; entidade esta última da que aínda é presidente.

 

Precisamente, a súa experiencia como xestor é, segundo destaca o presidente da Xestora, “la que lo hace merecedor de encabezar la lista del PP”. “Estoy convencido de que Óscar hará un papel extraordinario”, remarcou Olano.

 

Deste xeito, o empresario é a aposta da formación local para recuperar esta alcaldía, que é unha das máis importantes da Mariña. “Viveiro necesita un proyecto que ofrezca rigor en sus decisiones administrativas, que genere orgullo y pise fuerte en el contexto provincial, autonómico y nacional. Y Óscar puede hacerlo”, subliñou o popular.

 

“Otro Viveiro es posible”

Óscar Rodríguez estará acompañado dun equipo, cuxo principal obxectivo será apostar polo desenvolvemento económico e social deste municipio. Por iso, estará centrado na procura de novas oportunidades e mellorar os servizos dos veciños, co fin de que estes poidan desenvolver o seus proxectos de vida nesta cidade.

 

“Óscar aporta un proyecto político fiable, con un equipo compacto y donde dará cabida a la participación de los vecinos para recoger sus inquietudes y apoyar cualquier alternativa de progreso”. En definitiva, conclúe Olano, “con este candidato, otro Viveiro es posible”.