3 de abril, 2019. Os candidatos ao Senado e ao Congreso, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, respectivamente, acompañados do candidato á alcaldía en Sarria, José Antonio Garcdía, destacan a necesidade de impulsar dende o Goberno políticas de actuación destinadas a ampliar o chan industrial e potenciar o Camiño de Santiago como baluartes para incentivar a economía local e comarcal.
Así o destacaron durante o encontro que mantiveron esta mañá con máis de 50 empresarios da zona, e onde analizaron, xunto a estes e alcaldes e candidatos da comarca, a política económica actual que supón, en palabras de José Manuel Barreiro “unha inxección de veleno en vena ao funcionamento do país”. Na mesma liña, García Díez apuntou que “no conozco peores recetas que las que nos da el doctor Sánchez todos los viernes”.
Neste senso, puxeron en valor que “os problemas desta comarca deben ser resoltos”, co que se contribuiría a frear o descenso demográfico e o paro que rexistran os concellos da zona. Concretamente, indicou Barreiro, esta comarca perdeu dende o ano 2000 ata 2018 máis do 15% da súa poboación. No marco desta análise, se quitásemos a Sarria, que é o único municipio que gaña habitantes, esta porcentaxe superaría o 30%. Polo que se refire ao emprego, o paro con Rajoy baixou nesta demarcación un 30%; situación que contrata claramente coa actual, pois durante os meses de Goberno socialista esta tendencia á alza rematou.
Por iso, insistiron na importancia de artellar “políticas transversais” encamiñadas a potenciar o sector empresarial, como pode ser a ampliación do polígono de Morelle e da segunda fase que “leva demasiado tempo en situacións administrativas e pendente da proposta que fixo Sepes, así como dos trámites do Concello para que se poida facer en termos de custos competitivos e se favoreza o asentamento de empresas”, afirmou Barreiro.
No marco destas políticas, os populares tamén situaron a potenciación do Camiño como elemento dinamizador e un dos activos máis importantes no desenvolvemento socioeconómico. A ese respecto, destacaron que é preciso retomar os compromisos inversores que deixou encamiñados Ana Pastor como ministra de Fomento, ademais de manter o programa do 1,5% Cultural.
O cabeza de lista ao Senado tamén criticou que o PSOE “se puxese as medallas” con respecto á cesión dos terreos da antiga estación de tren da Pobra de San Xillao, pois “a paternidade” deste proxecto é do PP, xa que foi unha petición do candidato á alcaldía de Láncara, Santiago Cubillas, e se impulsou e xestou durante a etapa de Juan Bravo como presidente de Adif, sendo tamén a directora de Operación a actual dirixente deste ente.
“Un inferno fiscal”
En termos xerais, Barreiro subliñou que Sánchez está metendo ao país “nun auténtico inferno fiscal”. O desemprego aumentou a nivel nacional nunhas 126.000 persoas dende que Rajoy deixou o Goberno. O PP tiña unha previsión de déficit do 1,3, mentras que agora o Banco de España di que remataremos o ano co 2,5%; o que significa que “teremos que pagar 13.000 millóns de euros máis e un incremento da débeda da orde de 24.000 millóns de euros máis e dunha redución da inversión do 50%”, explicou o popular.
“Este inferno fiscal non imos a ser capaces de soportalo, sobre todo, cando Pablo Iglesias – socio de Sánchez- aposta pola modificación á alza de certas medidas impositivas como o Imposto de Sociedades, Imposto á Banca… Temos que facer todo o contrario, facer de España un país atractivo dende o punto de vista fiscal para que se incentiven os procesos inversores e, por tanto, un incremento da actividade económica e da creación de emprego”, sentenciou.
“No tropezar en la misma piedra”
Pola súa banda, García Díez sinalou que “está empezando a ocurrir lo que ya ocurrió y espero que, con lo que pasó en 2007, no volvamos a tropezar en la misma piedra. Nos encontramos un país que iba a la deriva, a punto de ser rescatado pola UE y que hubo que tomar medidas impopulares para llegar a la recuperación económica que dejó el presidente Rajoy. Hubo valentía pero ahora lo que hay es que, por ejemplo, la contratación indefinida sigue cayendo por tercer trimestre consecutivo. Las recetas no pueden ser las del Sr. Sánchez, tienen que ser la bajada de impuestos, facilitades para que se creen empresas, que se aplique el silencio administrativo positivo, etc..”, concluíu.