Partido Popular de Lugo

Barreiro tilda de “irresponsable político” ao dirixente do PSdeG, ao acudir a Alcoa “só con palabras e sen ningunha solución”

3 de abril, 2019. O cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, recoñece que logo das declaracións realizadas polo responsable autonómico do PSdeG sobre a situación de Alcoa, “un sae máis preocupado do que estaba”, xa que “dicir que iso está en vías de solución non só é dunha hipocresía, senón dunha cobardía política tremenda”.

 

A este respecto, considera que as afirmacións do socialista son “un engano ao conxunto da Mariña e dos traballadores de San Cibrao, pois a realidade é que hai dúas prantas pechadas en España, unha na Coruña e, a outra, en Avilés”. Por este motivo, lamenta que do dirixente do PSdeG “só se escoitanse palabras e ningunha solución”. E é que, indicou, “houbo outras crises en Alcoa e houbo outros gobernos. Todos lembramos cando Mariano Rajoy se entrevistou co presidente mundial de Alcoa para intentar paliar os problemas daquel entón; problemas que se solventaron, pero agora o que estamos vendo son indicadores de preocupación derivados das decisións dos actual Goberno de España como é o borrador do decreto das empresas electrointensivas”.

 

Neste senso, engadiu, “e non é que o digamos nós e que o están dicindo os traballadores e agora aparece este señor sen ningunha solución”. Esta inconcreción é a que leva ao popular a tachar de “irresponsable político”, ao dirixente do PSOE e a reafirmar que “os lucenses, os mariñanos e os traballadores de Alcoa non lle debemos nada ao Partido Socialista”.

 

Candidato Cs

José Manuel Barreiro tampouco quixo pasar por alto as manifestacións realizadas polo cabeza de lista ao Congreso de Cs ao respecto das aportacións que o PP ten feito á provincia. Concretamente, o popular considera que son “froito de que seguro é unha persoa moi volátil, xa que ata hai dous días era afiliado do PP, polo que quen sabe onde poderá estar mañá”, ironiza.

 

Neste senso, atribúeas “máis a unha defensa persoal que a unha defensa do interese xeral porque se hai algún goberno comprometido con esta provincia, di, ese foi o de Mariano Rajoy e está a ser o de Alberto Núñez Feijóo”. Por tanto, se a razón das mesmas é outra, conclúe, “está claro que é unha hipocresía política importante”.