2,abril, 2019.Os candidatos ao Congreso Jaime de Olano e Joaquín García Díez e o cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, mantiveron esta mañá unha reunión con directivos da Asociación Síndrome de Down Lugo, da que destacan e agradecen o seu importante labor de inclusión social e laboral, ao tempo que reafirman o apoio e compromiso do PP coas entidades de acción social.
No marco deste encontro, os populares recolleron e atenderon ás reivindicacións e suxestións de Down Lugo, á vez que lles trasladaron que “traballamos e seguiremos traballando pola plena integración laboral e educativa das persoas con discapacidade, a igualdade de oportunidades e a accesibilidade universal, así como para incrementar a súa participación na vida social e económica”. “Apostamos pola inclusión e polas oportunidades para todos”, remarcan.
Os candidatos populares ao Congreso e ao Senado defenden que “o compromiso real demóstrase con feitos” e o PP, engaden, “ten acadado importantes medidas xa que a inclusión social das persoas con discapacidade foi e será sendo una prioridade parao Partido Popular”. Así, destacan a “valiosa contribución que as persoas con discapacidade aportan as nosas vidas e a nosa sociedade, facéndonos máis ricos, máis humanos e máis sensibles”.
Os compromisos demóstranse con feitos
En España case 4 millóns de persoas presentan algún tipo de discapacidade e as políticas previas a xuño de 2018 en materia de emprego e discapacidade fixeron posible que se triplicase o número de persoas con discapacidade activos e que se alcanzase a cifra de 225.000 afiliados á Seguridade Social con algunha discapacidade.
Neste senso, os populares puxeron en valor as medidas impulsadaspolos Gobernos do PP como son por exemplo o mantemento das subvencións con cargo ao 0,7% do IRPF para fins sociais ou os máis de 3.000 millóns de euros para pagar as débedas das Administracións coas entidades sociais, moitas dedicadas a persoas con discapacidade. Polo tanto, “favorecemos a viabilidade do Terceiro Sector a través desta e outras medidas como son a actualización da Lei do Voluntariado ou a nova Lei do Terceiro Sector de Acción Social”, exemplifican.
Ademais dende o PP enumeraron a reforma fiscal que introduciu un forte aumento dos mínimos por discapacidade do contribuínte e beneficios fiscais, o Plan de Acción sobre a Estratexia de Discapacidade, a Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social; o fomento do emprego público e privado das persoas con discapacidade ou a incorporación da discapacidade como variable a ter presente no Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades.
Dende xuño do ano 2008 o PP tamén promoveu varias proposicións non de lei como son as relativas ao desenvolvemento dun Plan de Accesibilidade, da Formación Profesional entre os mozos con discapacidade, sobre difusión de incentivos á contratación de persoas con discapacidade ou a relativa á promulgación dunha Lei de inclusión laboral para persoas con discapacidade. Tamén destacan a proposición de Lei coa finalidade de fomentar a Formación Profesional Dual do sistema de FP para o emprego para mozos e para persoas con discapacidade beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ou o paso á tramitación da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral coa fin de garantir que as persoas con discapacidade intelectual poida exercer ovoto.
Do mesmo xeito, e prova de que o PP é #ValorSeguro é que dende outro Goberno do Partido Popular como a Xunta de Galicia se destinaron o pasado ano ás persoas con discapacidade e maiores máis de 400 millóns de euros.
O PSOE eliminou as bonificacións para a contratación das persoas con discapacidade
Os populares consideran “necesario que se coñeza a realidade”, polo que lembraron que durante a anterior etapa do Goberno do PSOE, “elimináronse as bonificacións para a contratación das persoas con discapacidade e a accesibilidade non foi una prioridade”, por exemplo.
Polo tanto, una vez máis a proposta do PSOE non é positiva para a nosa provincia e a garantía no eido social, tal e como os feitos demostran, vén da man do PP, polo que insistiron na necesidade de aglutinar o voto no Partido Popular e non volver a correr o risco de que un Goberno do PSOE adopte medidas negativas para o Terceiro Sector e as entidades sociais.
Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Co gallo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo trasladaron o seu apoio a estas persoas, así como ás súas familias, destacando a necesidade de reclamar a aprobación e posta en marcha do Plan de Acción da Estratexia Española en TEA (Trastorno do Espectro Austista), establecendo os recursos necesarios e fixando un calendario no que se prioricen as accións máis urxentes, así como unha Estratexia Europea en autismo que mellore a calidade de vida tanto dos autistas como das familias.