Partido Popular de Lugo

Os candidatos ao Congreso e ao Senado adiantan unha campaña “intensa”, na que farán moita “pedagoxía”, pois manter ao PSOE na Moncloa suporá máis “desconcerto” e inestabilidade”

1, abril, 2019. Os candidatos ao Congreso e ao Senado adiantan unha campaña “intensa”, na que farán moita “pedagoxía” para trasladar aos lucenses que o PP é un #Valor Seguro, como así o demostran os Gobernos do PP e a súa xestión. A este respecto, indicaron que manter ao PSOE na Moncloa suporá máis “desconcerto” e inestabilidade”.

 

“Es una cita crucial porque no es exageradamente decir que nos estamos jugando España, algo que ha empezado con la moción de censura cuando el Sr. Sánchez abandonaba el bloque constitucional que había permitido poner en marcha el artículo 155 y se echó en brazos de los independentistas. Nunca pensamos que el PSOE, que lleva la O de Obrero y la E de Español, pudiese aceptar semejante cosa. Por eso son las elecciones más importantes a las que nos enfrentamos desde el punto de vista político”, destacou o cabeza de lista ao Congreso, Jaime De Olano.

 

Pola súa banda, o seu homólogo no Senado, José Manuel Barreiro, expuxo as catro características que definen o espectro político actual: a crise territorial e institucional que ten o país e que nunca existiu; a ralentización da economía, a pesares de que se superou unha crise económica durante o Goberno do PP; a incerteza que supón que, nun breve periodo de tempo, haxa nalgúns lugares ata catro eleccións, co conseguinte custo económico que conleva; e o mapa político, que é insólito e novidoso.

 

As tres PS

Por iso, a campaña dos populares, segundo apuntou Olano, estará baseada nas tres PS: propostas en positivo e con moita presenza. Neste senso, levarán a cabo numerosos encontros cos principais axentes sociais e económicos da provincia porque defenden que os veciños deben saber cal é a realidade actual e que lles pode pasar se continúan os socialistas na Moncloa.

 

E é que o Executivo de Pedro Sánchez é a administración supramunicipal que menos inviste na provincia de Lugo por habitante, con tan só 70 millóns. Pola contra, a Xunta destina 1.341 millóns de euros; o que supón un investimento de máis de 4.000 euros por cidadán. É dicir, a Xunta de Feijóo inviste por lucense case 20 veces máis que o Goberno de Sánchez.

 

Explicarán así que o PP, cando saíu do Goberno tiña un proxecto serio para esta provincia, e que impulsou as infraestruturas, mentras Sánchez no documento orzamentario reduciu nun 35% as partidas destinadas a este fin. Referíronse así ás A-56 (Lugo-Ourense), da A-74 (San Cibrado-Burela, Foz-Burela, Barreiros-Foz);  ou da A-54 (Lugo-Santiago). A este respecto, Jaime de Olano, incidiu no recorte que experimenta a vía mariñana que pasou de máis de 200 millóns de euros consignados o PP a tan só 5 millóns co PSOE.

 

Defenderon, asemade ,que o PP con rigor e seriedade garantizou uns prazos realistas e obxectivos para que a conexión en AVE de Galicia coa Meseta estivese rematada este ano e que Lugo e Madrid estivese a menos de catro horas en 2021. O PSOE limitouse a reducir un 65% o investimento en comunicación ferroviaria e a anunciar un proxecto para a intermodal sen consenso co Goberno de Galicia.

 

O PP adquiriu tamén o compromiso de dotar a Lugo dunha nova Comisaría Nacional de Policía no edificio do antigo hospital Xeral, que comezou a plasmar con dotacións presupostarias para os estudos técnicos necesarios. “O PSOE nacional coa complicidade dos reponsables locais e provinciais, garda silencio, apuntaron.

 

“Non lle debemos nada ao PSOE”

Por este motivo, José Manuel Barreiro reafirmou que en Lugo “non lle debemos nada aos representantes do PSOE: nin á alcaldesa, nin ao presidente da Deputación e nin a Sánchez”. “Eu traslado esta pregunta: que me digan cal é a aportación que fixeron a esta cidade e a esta provincia? A alcaldesa meter ao Concello nun marasmo que nunca pasou. Salvo enterarse de onde está a Praza de España, pouco máis. O da Deputación xa é para nota. E Sánchez recortou o investimento na provincia. Co cal, os lucenses pouco ou nada lle debemos ao Partido Socialista”, insistiu.

 

Preocupados por Alcoa

Neste senso, Jaime de Olano criticou a deficitaria política do Executivo Central polo emprego nesta provincia, plasmada na crise que atravesa Alcoa. “Creemos que es un problema muy grave para esta provincia porque representa más de 30% del PIB y son más de 2.000 empleos. Se encuentra al borde del cierre por culpa de la política energética del Sr. Sánchez. Hay que pensar que el precio de la energía representa e 40% de los costes de producción de la fábrica y el borrador del estatuto que impulsa el Gobierno no soluciona los problemas que tiene la empresa”; de aí que o cabeza de lista ao Congreso pedise unha rectificación neste senso, “pues la compensación de 91 millones anunciada por la ministra es insuficiente. Rajoy había presupuestado 150 millones. Sánchez se está cargando las industrias energéticas de la cornisa cantábrica y beneficiando a las empresas vascas y catalanas”.

 

Concentrar o voto no PP

Os dous cabezas de lista, que estiveron acompañados dos candidatos Joaquín García Díez e Rosa Arza, defenderon centralizar o voto no PP, dado que Cs e Vox non son garantía de gobernabilidade e un suposto apoio as estas dúas forzas, tan só contribuirá “a engordar la política lesiva de Sánchez”, sinalou Olano.

 

“Ninguna de las dos opciones son positivas para Lugo. Votar a Cs es siempre una incógnita. Rivera afirmó que no votaría la lista más votada y en 2016 firmó un pacto de gobierno con el Sr. Sánchez. Por tanto, no es una opción fiable y basa sus decisiones en base a la última encuesta. Por otra parte, sorprende que el candidato de Vox sea una persona que no vive en la provincia por lo que difícilmente puede pelear por las necesidades viviendo a 600 kms. En las provincias como la nuestra nos hace falta un 25% más de los votos para sacar un segundo diputado, y lo que están haciendo estas fuerzas es restarle votos al PP y hacer presidente al Sr. Sánchez”, remarcou.

 

Barreiro tamén incidiu nesta cuestión explicando que nesta provincia Cs sacou 13.200 votos, o 7%, sendo a cuarta forza política. Por tanto, “se lle sumásemos isto aos 47,5% que sacou o PP, estariamos por riba do 50%, o que evidencia a utilidade do voto. Estas forzas impediron que o PP estivese nunha maioría absoluta e sacar o terceiro deputado, co cal se paliaría esta situación de inestabilidade”. A este respecto, recoñeceu que é moi complicado que Ciudadanos e Vox acaden representación parlamentaria pola provincia de Lugo tanto no Senado, como no Congreso. “Pero se non se dá a unidade de voto estámoslle dando indirectamente un apoio moi forte ao Sr. Sánchez. Todo aquel que non queira ter que a política lesiva do sanchismo debe concentrar o voto no PP”, concluíu.