23, marzo, 2019. O Partido Popular de Láncara mostra a súa preocupación pola limitación a 20 toneladas dos vehículos que poden circular pola estrada LU-P-2704. Hai que recordar que esta estrada leva moitos anos feita e nunca houbo tales limitacións.
No pleno municipal que se celebrará a vindeira semana, o Grupo Municipal do Partido Popular interesarase por este asunto e demanda que o Goberno local interceda ante a Deputación de Lugo para que valore a retirada desta medida.
A estrada LU-P-2704 é a única que dá acceso a diferentes núcleos de poboación das parroquias de Vilarello, Toirán, Traslite e Bande polo que esta medida é prexudicial para os seus veciños e veciñas. Concretamente, a única forma de acceder aos núcleos de Quintela, Bande-Susaos e Vilarello é a través da citada estrada.
Ademais, esta medida pode ter consecuencias negativas para as importantes explotacións que existen nesas parroquias, tanto de vacún como porcinas ou aviares, xa que os camións non poderán acceder ás mesmas por superar o límite de tonelaxe permitido agora nesa estrada. Isto afecta aos camións de transporte de animais, de piensos, de recollida do leite..
Tamén hai que pensar nos maderistas, xa que nos montes desas parroquias existen importantes plantacións forestais.
Por último, a báscula de pesaxe de camións instalada polo Concello de Láncara atópase na parroquia de Traslite,e tiña dous accesos: dende Vilaleo e dende a estrada da Deputación LU-P-2704. Agora os camións pesados só poderán acceder a ela por un único camiño, dende Vilaleo, e terán que volverse polo mesmo. Este foi un dos proxectos estrela do Goberno municipal do PSOE, proxecto que no seu momento, desde as filas populares criticamos pola súa mala ubicación. Parece que os feitos, final e tristemente, nos dan a razón.