Partido Popular de Lugo

Olano lamenta que “a alcaldesa de Viveiro imite a Pedro Sánchez ao pretender apuntarse tantos que non lle pertencen”

1 de marzo, 2019. O presidente da xunta xestora do Partido Popular de Viveiro, Jaime de Olano, lamenta que “a alcaldesa de Viveiro imite a Pedro Sánchez ao pretender apuntarse tantos que non lle pertencen” tras asegurar que a licitación das obras de dragado do porto de Celeiro, do canal de acceso a Viveiro e do porto deportivo; así coma a segunda fase da demolición dos galpóns e acondicionamento da explanada portuaria se deben ás xestións realizadas dende o Concello “cando se trata de actuacións impulsadas polo Goberno galego a través de Portos de Galicia”. É máis, “di todo o contrario do que fai o Goberno central”.

 

O popular, pola súa banda, pon en valor “o anuncio da licitación destas obras no municipio grazas ao investimento de máis de 1,1 millóns de euros nesta anualidade por parte de Portos de Galicia que converte á Xunta de Galicia na institución que, sen dúbida, máis diñeiro inviste en Viveiro”.

 

Finalmente, Olano quere transmitir o seu agradecemento á Xunta por ter en conta nos seus orzamentos para este 2019 as necesidades da nosa cidade e de todo o municipio e por atender, neste caso, estas demandas do sector pesqueiro.