Partido Popular de Lugo

Pablo Taboada e todos os seus edís danse de alta no Partido Popular

27, febreiro, 2019.- Todos os edís que acompañaron a Pablo Taboada no goberno de Palas de Rei, e que se viron afectados polo proceso xudicial, se integrarán no Partido Popular. Esta decisión foi trasladada á dirección provincial nunha reunión que mantiveron a última tarde do día de onte, e na que participaron ademais da presidenta, Elena Candia, e o secretario Xeral, Carlos Armesto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, e o vicevoceiro no Senado, José Manuel Barreiro.

 

Deste xeito, Pablo Taboada será o candidato desta formación ás eleccións de maio; un proceso no que agarda voltar a acadar a confianza dos veciños e seguir afondando e desenvolvendo o proxecto iniciado durante un tempo que, recoñece, “non foi sinxelo, pero no que se fixo xustiza”.

 

Neste senso, subliña que “se sente moi motivado”, de feito nunca deixei de estalo, “porque sabía que todo ía saír ben”, afirma. Afronta así, novamente este reto, e faino no marco das siglas “coas que sempre me sentín identificado e representado”. Nesta integración inclúese, ademais, a Alba Villasante, que malia non estar inmersa no caso indicado, si que decidiu por vontade propia oficializar a súa alta no PP.

 

A presidenta do PP, Elena Candia, recoñece a súa satisfacción, “pois cremos que temos o mellor candidato para que Palas siga medrando”. “Somos conscientes de que Pablo viviu tempos complicados, pero, aínda así, non deixou de traballar polos seus veciños. Por tanto, a satisfacción é dobre, que aceptase ser de novo formar parte da familia do PP, e que sexa cunha imaxe coa que sae notablemente reforzado”.