23 de febreiro, 2019. O Grupo Provincial do PP anunciou no Pleno da Deputación que investigará se os catamaráns saíron navegar sen os permisos pertinentes durante oito meses.
O Grupo Provincial do PP preguntou no Pleno de xullo por escrito se os barcos contaban con todos os permisos en regra para estar en funcionamento e o deputado Eduardo Vidal dixo que si, desde o ano 2016. O deputado do PP insistiu hoxe para saber se eses permisos están e estiveron en regra.
O deputado Carlos Armesto acusou ao deputado do PSOE de “enganar a este Pleno e mentir”. “Fomos ver os expedientes, estudámolos, di que figuran todos os permisos e non o dubidei pero falando co persoal nos din que non era certo e teño dos cinco barcos un expediente e informes de requirimento da CHMS. Dinlle que non se cumpre os requisitos e temos as notificacións. Repítelle o mesmo o 13 de marzo do 2018”.
“Non cumpren coa súa obriga e fánlle outra notificación o 5 de abril e non teñen permisos de navegación, o que se repite o 25 de abril e a última o 1 de outubro de 2018. Din que os seguros estaban vencidos e agora están cun prego de licitación dos seguros. É moi grave que mentira dicindo iso e falsificando a documentación que nos deron e temos os informes”, criticou o deputado.
“O que quere dicir é que a Deputación tivo cando menos desde febreiro do ano pasado ata outubro oito meses navegando por un río nun barco sen ITV nin as ITB (Inspección Técnica de Barcos) pasadas. Como se fora un coche que vai sen permiso de circulación, ITV e sen seguro. Imos profundar nese tema e ampliar pedindo por escrito á CHMS se contan con iso ou non porque en outubro non o tiña. 60.000 persoas viaxaron sen ter eses permisos e cando investiguemos teremos que poñelo en coñecemento da Fiscalía e implicaría a dimisión dos responsables políticos que tomaron esta decisión”, precisou.
Un servizo nefasto
“Creo que se deberan manter os barcos que se sacaron, os horarios e funcionar todo o ano, pero iso é o de menos. É un servizo nefasto, que empeora e a Semana Santa cae en abril, pero senón non habería barcos. O día 4 de febreiro publican o anuncio de licitación. Pero o o 5 anúlano e os pregos. O 8 sácano de novo e agora volve haber matices. Así non hai forma. Hai que facelo planificado. Faga un contrato cuns pregos a longo prazo”, pediu Armesto.
“Se hai un servizo que empeorou e non é cuestionable son os catamaráns. O 95% do que se fai é a xestión dun servizo que herdaron e funcionaba. Logo imos presentar un vídeo a Fitur e aí remata a súa xestión”, lamentou Armesto.
“Había un servizo que herdaron con barco, permisos e tripulación que ía de Doade a San Clodio, eliminado. A ruta de Belesar, eliminada; a de Lugo, eliminada e o barco afundíndose. Fixeron unha inversión e incluso un pantalán en Peares pero a ruta a Maiorga está eliminada. Aguantan dúas rutas. Antes funcionaban todo o ano e baixan a seis meses, quitan recorrido, meses e incrementan os custos”.
“Os presidentes fixérono con medios propios ou Suplusa e incluso no seu primeiro ano 17 firmaron un convenio para xestionar co Ministerio e agora privatizan e nós non estamos nesa guerra, ao PP interésalle a xestión, privatizando ou non”.
“É un servizo precario. Belesar o estado dos catamaráns que están abandonados. É francamente mellorable e conleva un aumento de custos. 470.000 euros con tres rutas máis e agora quitamos rutas, días e nos imos a un prezo po enriba dos 700.000 euros. Se tiveramos un servizo acorde podería estar cerca de 85.000 pasaxeiros sobre un río cando nós temos dous ríos e 60.000”.