21 de febreiro, 2019. O presidente da xestora do PP de Monforte, Miguel Lemos, deu a coñecer o nome das outras nove persoas que integran a xunta xestora local do Partido Popular encargadas doutras tantas secretarías nunha xuntanza que mantivo cos afiliados na tarde deste xoves. “Trátase do primeiro equipo de traballo que seguirá medrando para incorporar a máis persoas e atender as demandas dos monfortinos”, manifestou Lemos.
Así, a xunta xestora do PP monfortino encabezada polo médico Miguel Lemos contará tamén con Sandra Anido Agra que se encargará da secretaría de Organización e Inmigración; Ángela Nogueiro Rubinos, da secretaría de Igualdade e Ferrocarril; Jaime López Álvarez será o responsable de Sanidade e Acción Social; e Bruno Daniel Bragança Barradas, de Xuventude e Promoción Turística. Igualmente, a xestora do Partido Popular local contará cunha secretaría rural e de persoas maiores da que se encargará Andrés Rodríguez Vázquez; María Corona Pilar Carreira Rodríguez, da secretaría Empresarial e de Política Municipal; Manuel de Jesús López Sánchez, será o responsable de Comercio e Servizos á Cidadanía; Pedro Rey Pérez, de Emprendemento e Dinamismo Económico e complétase a xunta xestora local do PP coa mestra María Carmen Pérez Álvarez como responsables da secretaría de cultura e deportes.
Miguel Lemos explica que son “cinco homes e catro mulleres cunha media de idade de 46 anos os que integran a xunta xestora que mestura persoas con experiencia e persoas máis novas na formación”. Así mesmo, apuntou o popular que “na nova xunta xestora haberá persoas que levan toda a vida traballando para o Partido Popular en Monforte, ademais de mozos con ganas de aportar ideas e dedicación”. Lemos tamén fixo fincapé en que se integran persoas de diferentes sectores do ámbito empresarial e tamén do sanitario”.
Tralo nomeamento de Miguel Lemos por parte da directiva provincial do PP de Lugo como presidente da xestora da formación local, o popular avanza agora os nomes do resto de integrantes desta xunta que asumirá as rendas do Partido Popular en Monforte.