21 de febreiro, 2019. “O PSOE lucense presenta síntomas de absoluta desesperación ata o punto de que hoxe a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodriguez, anuncia “a bombo e platillo” a adxudicación da redacción do proxecto da autovía da Mariña (A-74), no treito que transcorre entre Burela e Foz, que efectivamente sae hoxe publicada no BOE pero que, tal e como pode comprobarse na propia resolución, a data de adxudicación corresponde ao 5 de abril de 2017, isto é, gobernando en España o Partido Popular”, apuntan dende os populares lucenses.
“Os socialistas buscan atribuírse un mérito que non lles corresponde xa que tanto a licitación como a adxudicación da obra foi decisión do Goberno presidido por Mariano Rajoy”, aclaran desde o PP.
A este respecto, engaden que “o único mérito atribuíble aos socialistas en relación co proxecto desta infraestrutura é o recorte en máis dun 98% do investimento destinado para A-74 no proxecto de orzamentos que deseñaron os socialistas. De feito pasaba de máis de 258 millóns de euros a tan só 5,5. Afortunadamente estas contas elaboradas polo equipo de Pedro Sánchez, tan lesivas para Lugo e para Galicia, non prosperaron”, conclúen.
Neste enlace pode comprobarse as datas reais:
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2019-7086
Data de adxudicación: 5 de abril de 2017.
Data de licitación: 1 de xullo de 2016