Partido Popular de Lugo

O PP pídelle a Campos “que se sume” ao traballo que está facendo Suplusa e deixe os “paripés” unha vez que a Xustiza vén de quitarlle a razón aos socialistas

20 de febreiro, 2019. A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, fixo hoxe unha valoración sobre o auto que non admite a trámite a demanda de varios deputados do PSOE que instaban á disolución de Suplusa “a moi mala fe e coa que pretendían facernos responsables co noso patrimonio”.

 

Candia explicou que “un dos datos máis importantes é que todas as actuacións que se fixeron na Sociedade Urbanística e das iniciativas que levamos á Deputación contaban con todos os informes favorables dos servizos xurídicos e económicos, senón xa non tomaríamos ningunha decisión”.

 

“O auto confirma que esta actuación non é por paralizar ningunha actuación incorrecta, senón que usan unha vez máis as institucións ou queren trasladar os graves problemas de entendemento que teñen con un dos deputados que ademais preside a sociedade porque eles mesmo o votaron a favor”.

 

“Como Grupo pedimos que deixen de xudicializar cando os actos teñen todos os informes favorables, que nos deixen traballar. Mentres eles están dilapidando recursos e tempo en intentar torpedear que funcionen as institucións, nós seguimos traballando. Aí está o impulso ao polígono de Cospeito, ao de Baralla, mentres eles pretendían bloquear a encomenda de xestión para que as residencias abrirán antes e seguen pechadas e con bastante incerteza sobre os PIA. Nós seguimos tendo que asumir a parte institucional e o esforzo para que as institucións sigan funcionando a pesar dos seus enfrontamentos e intentos de bloqueo que só prexudican á provincia e aos proxectos que tiñan uns e outros”.

 

 

Que se sumen a proxectos que votaron a favor

Candia reivindicou “con humildade e contundencia” que nos sigan deixando traballar, que deixen de confundir á poboación con Suplusa e que se sumen se é posible a eses proxectos que na maior parte dos casos formaron parte deles ou incluso os impulsaron votando a favor de todos eles.

 

Insistiu na necesidade de recordar que “as institucións pagaron un prezo moi caro polos enfrontamento que tiveron estes grupos na institución e hoxe din que anuncian un recurso. Candia animounos a abandonar neste empeño, “que centren os seus esforzos en traballar pola provincia e que abandonen a loita absolutamente innecesaria e prexudicial e que neste caso a Xustiza lle di que se equivocan e non van por bo camiño”.

 

“Que se poñan a traballar e deixen de bloquear á Sociedade Provincial Lucense, sociedade que ten proxectos interesantes para a provincia e que o PSOE leva feito 40.000 paripés mentres no consello de administracións se toman decisións importantes para a provincia. Que abandonen o circo e que nos deixen traballar e, se é posible, que se sumen ao traballo que, como dicía, na maior parte dos casos xa se pronunciaron ao seu favor”.