16, febreiro, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular lémbralle ao PSOE que os investimentos da Deputación de Lugo non dependen só do Goberno Provincial.
As declaracións do secretaro xeral provincial do PSdeG, Álvaro Santos, sobre que a Deputación non aportará nin un euros máis ao Campus de Lugo da USC volven a demostrar que non se quere dar conta que se trata dun Goberno en minoría.
Hai que ter en conta que só contan con 10 deputados dos 25 que forman a Corporación Provincial e nun asunto de tal importancia, como é o investimento que a Deputación realice na USC, debese contar cun rumbo marcado pola maioría dos grupos políticos con representación no ente provincial.
Deste xeito, será o Pleno da Deputación, onde están representados todos os grupos políticos, o que decida e marque o apoio da institución provincial á USC.
Ademais, é necesario salientar que a redución de Graos universitarios no Campus de Lugo da que fala o secretario xeral provincial do PSdeG non é certa xa que a Xunta de Galicia e o propio reitor da USC desmentiron esa información.