Partido Popular de Lugo

Os populares de Lugo porán a disposición dos interesados un autobús para acudir á manifestación do domingo en Madrid

7 de febreiro, 2019. O Partido Popular da provincia de Lugo porá un autobús a disposición das persoas interesadas en acudir á manifestación que se levará a cabo este domingo 10 de febreiro en Madrid contra as políticas de Pedro Sánchez organizada polos populares.

 

O autobús partirá á unha da madrugada do domingo de fronte á sede provincial, na no número 14 da rúa Poeta Ramón Cabanillas. A hora de saída para o regreso está prevista para as catro da tarde dende a capital de España.

 

Aquelas persoas que o desexen poderán anotarse na sede provincial en horario de dez a dúas e de cinco a oito ou a través do teléfono 982 22 49 09. O prezo por persoa será de 10 euros e a inscrición por rigoroso orde de reserva.