29 de xaneiro, 2019.– O PSOE da Deputación de Lugo rectifica e desautoriza a Tomé ao cederlle a Prodeme a finca do Pazo de Tor para a súa xestión, votando diferente a como votaron os socialistas no Pleno de Monforte celebrado onte.
O PP consegue a través dunha emenda a unha moción do BNG que a asociación Prodeme de Monforte sexa quen xestione a finca do Pazo de Tor. A emenda á moción do BNG, aprobada por unanimidade, pedía que a xestión do terreo o faga non unha asociación sen ánimo de lucro calquera, senón Prodeme, sempre que os informes técnicos e xurídicos avalen a súa legalidade.
O deputado Carlos Armesto díxolle ao BNG, quen propuxo a iniciativa sobre a cesión da finca de Tor, que “cando está na oposición é moito máis útil que cando está no goberno”. “Alégrome que Ferreiro defenda esta iniciativa porque en decembro do ano 2013 o PP traía unha proposta clara e transparente e igual ca esta e daquela o señor Veiga e o señor Outeiro votaban en contra. Pódolle ler as intervencións e o voto, pero tiñan a opresión do Goberno e do besteirismo e agora parece que isto cambia ao estar na oposición”. Mentres, incidiu, o PP mantén a súa coherencia defendendo o mesmo que naquel momento.
Os populares mantiveron a mesma postura que no ano 2013. “Falamos dunha asociación cunha implantación moi grande en Monforte e cun modelo de traballo en prol da discapacidade e un proxecto que dinamiza a zona sur, que desde 2008 loita por estes terreos. Falamos da mellor finca agraria que pode haber en boa parte da provincia, más de 200 hectáreas, 75 de terreo produtivo e con regadío e esta institución nin ten plan, nin futuro para a finca e incumpre todas as normativas. Unha finca semi urbana, o Pazo de Tor, que segundo os datos que temos recibe miles de visitantes ao ano e ven unha finca abandonada que hai 15 anos eran pradería e hoxe hai un monte que incumpre a loita contra os incendios, xa que non está nin desbrozada”.
Elena Candia chegara en 2015 a un acordo coa asociación
O PP en 2013 trouxo proposta en 2015 unha das primeiras visitas que fai a presidenta Elena Candia é a Monforte para entrevistarse co xerente e acordan un convenio. Foi unha moción de censura a que deixou este proxecto sen efecto.
“Estamos de acordo, pero non coas medias tintas”, explicou Armesto. “Onte foi ao pleno de Monforte e din que lle buscan un fin, pero se non lle pode buscar que cheguen a un acordo con algunha asociación e nós poñémoslle nome e apelidos”.
“Hai unha asociación composta por 150 persoas que traballan nese proxecto e poñémoslle nome e, como é a única con actividade social que necesita deses terreos e dirixiuse en varias ocasións para serlle cedida, por iso lle pido que a Deputación tome os pasos necesarios que tomou Candia no seu mandato para cederlle a Prodeme esas instalacións. A Deputación aforraría en desbroces e arados e cumpriría coa normativa contra incendios”.
Os populares pediron que o PSOE “non se poña de perfil porque todo o que lle soa a Prodeme non lle soa ben” cando están loitando pola cesión destes terreos e con moitos proxectos empresariais para xente con discapacidade en Monforte. “O presidente da Deputación anunciou en Monforte co movemento asociativo e a única excluída foi Prodeme, a pesar de ter sido a única que expresamente manifestou a vontade de asistir. Se hai vontade, hai vontade”.
En Monforte pídenlle que a asociación que ten un fin social poida facer o que prevé a lei que é unha bonificación na taxa de construción e recibiron o non por resposta, igual que o reciben na Deputación cando é un proxecto xerador de riqueza e de emprego”, lamentou o popular.
O deputado agradeceu que o BNG aceptara a emenda para que se tomen as medidas necesarias, sempre conforme á legalidade.
Hai moitos anos gastáronse máis de 40.000 euros en desbrozala e arala, pero hoxe ten un aspecto de abandono ao lado dun museo e hai que buscarlle unha solución e non se pode por razóns políticas ignorar a unha asociación que fai unha importante labor porque detrás dela hai moitas familias e ten moi diversificada a súa actividade. “Cremos que é unha boa función a que se lle pode dar a eses terreos e, se non hai proxecto propio da Deputación, o lóxico é que se avance nesa proposta, concluíu.