25 de xaneiro, 2019. O candidato do PP á alcaldía de Monforte, José Miguel González Lemos, será presentado oficialmente o vindeiro luns 28 de xaneiro ás cinco da tarde na sede que o PP ten na cidade do Cabe.
A decisión de deixar o seu cargo comunicada onte pola actual presidenta local do Partido Popular na cidade do Cabe, Julia Rodríguez, trae consigo a constitución dunha xestora, que tamén será presentada o luns. É o tempo preciso que o partido se marca para a súa formación.
Así, no transcurso do acto de presentación do candidato popular de cara ás vindeiras eleccións municipais tamén se dará a coñecer a composición da nova xunta xestora local do Partido Popular de Monforte.
O acto contará con representantes do PPdeG, do Partido Popular da provincia de Lugo e do PP de Monforte que arrouparán a Miguel González na súa presentación como candidato á alcaldía.