23 de xaneiro, 2019. O Partido Popular provincial de Lugo consultou cos presidentes do PP de Monforte dende os últimos 20 anos e tamén ao presidente do comité electoral local na procura dun candidato de consenso de cara ás vindeiras eleccións municipais.
Trala súa valoración como representantes do Partido Popular na cidade do Cabe, a totalidade dos últimos cinco presidentes locais e o presidente do comité electoral, respaldan e apoian o nomeamento como candidato do PP á alcaldía de Monforte do médico monfortino José Miguel González Lemos.
O candidato será presentado oficialmente este sábado en Monforte nun acto que contará coa presenza de cargos do Partido Popular de Galicia e da provincia.