Partido Popular de Lugo

O PP denuncia que o Goberno da Deputación de Lugo “teña que improvisar e corrixirse a si mesmo cada vez que detectamos as súas mentiras”

14 de decembro, 2018.- O Grupo Provincial Popular denuncia unha xestión “patética” por parte do Goberno da Deputación de Lugo “que se ve obrigado a improvisar e corrixirse a si mesmo cada ves que detectamos as súas mentiras”. “É unha verdadeira pena o pouco que teñen en conta un investimento e un servizo tan importante como o das residencias de maiores”.

 

Así, o PP desvelou onte que o anuncio e o prego de prescricións técnicas para a contratación das prestacións a persoas maiores nos centros de atención de Trabada e Ribadeo fixaba o prazo de execución no 20 de xuño. Tras facer pública esta información os socialistas corrixiron onte mesmo pola tarde esta data na propia plataforma polo 20 de marzo modificando o anuncio e o prego, pese a que xa fora publicado o pasado día 4 de decembro.

 

 

 

 

 

Censuran que o presidente explique nos medios que o prego non era o oficial cando onte mesmo pediron que fora corrixido, tal e como pode verse na información que se adxunta.

 

 

 

 

 

Anuncio:https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/DcqxCoAgEADQr2m-poigwcGl0aHSJQ496ugyDRH6-xofPHCwgotYecfCd0T5bQNREo7nEKigCG3Cngv6P8ACDhwHXQUsmXxwaVrV9cR6emaT5X7VOEK6LvUBHXrPtA!!/

 

 

“Estas maniobras dos socialistas evidencian que as advertencias do PP conseguiron que o Goberno da Deputación rectificara os prazos para a apertura dos centros”, explican. Pese a todo, a data de presentación de ofertas segue a ser o 7 de xaneiro e a data estimada  da apertura da súa apertura segue sendo o 11 de febreiro, polo que a data de apertura podería verse alongada.

 

A forma de proceder dos socialistas evidencia que “non teñen interese en poñer en marcha un servizo para os maiores, senón que o único que lles preocupa é o paripé electoral, como xa fixeron inaugurándoas no ano 2015, pese a mantelas pechadas”. “Os investimentos nas residencias nunca estiveron ao servizo da xente, senón dos prazos e obxectivos electorais do PSOE”, replican. Desde o PP lembran que tanto o centro de Trabada como o de Castroverde, co modelo aprobado, poderían estar abertas desde o mes de marzo.

 

O PSOE segue a xogar cos afectados

Os populares lamentan que desde o Goberno que dirixe Darío Campos se “xogue desta maneira” con todos os afectados, principalmente cos maiores da nosa provincia que seguen á espera de poder desfrutar dos centros, pese a que levan anos construídos e rematados e ao enorme investimento que se ten feito neles.

 

Critican que non só se viran obrigados a rectificar, tras as advertencias do PP, senón que ademais confirman que as residencias xa non van abrir este ano, tal como sostiveron durante varios meses, senón que retrasarán a súa posta en funcionamento “cando menos ata o mes de abril, curiosamente ás portas dunhas eleccións municipais”.