Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP facilita coa súa abstención a aprobación dos Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2019

27, novembro, 2018. O Grupo Provincial do PP facilitou coa súa abstención a aprobación dos Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2019 tras a aceptación das emendas presentadas polos populares. Elena Candia explicou que a aprobación dos Orzamentos “ten importancia para o 2019 e tamén en termos de remate de mandato, do mandato 2015-2019”, porque as contas son o instrumento de calquera institución para materializar o seu proxecto. “85 millóns de euros dos cales 28 son para gastos de persoal e o resto diñeiro público que, de maneira acertada ou desacertada, se inxecta na provincia para responder ás necesidades dos nosos concellos e do tecido asociativo.

 

A portavoz do PP indicou que o Orzamento é idéntico ao do ano 2016 que marcou un antes e un despois nese acordo que hoxe me acompaña e que permitiu “o desterro do besteirismo e do reparto máis sectario que tivo esta institución para pasar a reparto equitativo e con criterio”. “Ese compromiso para o plan de obras e servizos, para a axuda no fogar, para políticas de investimento en emprego cuns mínimos xa se cumpriu no Orzamento de 2016”, expuxo.

 

“O día a día estivo marcado por novos compromisos que fomos adquirindo, pero ten especial importancia a primeira das emendas que presentamos. O debate de hoxe ten que centrarse no investimento para construír residencias, que supera os 15 millóns de euros. A intervención do Goberno foi demasiado positiva, afastada da realidade, se analizamos o que analizo, o investimento en residencias”.

 

“Saben construír residencias, iso demostrárono, vimos episodios desagradables pero saben construír residencias, do que dubidamos é que saiban xestionalas. Hai un compromiso do 2010 para dotalos destes servizos e usouse, sobre todo nos últimos capítulos de Besteiro, como arma arroxadiza contra a Xunta, a quen responsabilizan de non ter centros de maiores, despois de non dar permisos e agora non queren saber nada da Xunta, desde febreiro do ano 2018.

 

A popular botou en falta “un proxecto de provincia e que lidere dunha maneira firme colaborando cos concellos e o tecido asociativo”. “Desde o 2016 intentamos ser coherentes e por iso pedimos que quede de maneira clara e respectando a lei que os concellos que asinaran convenios poidan elixir a entidade para xestionar as súas residencias. Iso pasa pola xestión dunha sociedade pública que depende da institución provincial. Na nosa emenda pedimos que deses 4,3 millóns de euros para xestionar residencias os concellos poidan elixir a entidade para facelo. Pedimos isto por coherencia e porque estamos a defender isto nun tribunal despois de que nos denunciaran polos acordos que adoptamos e obrigándonos a responder co noso patrimonio persoal. Non queremos que a Xustiza nos dea a razón e logo non poidamos executar o acordo porque Suplusa se baleirou de partida para xestionar. Seremos coherentes, defendemos o mesmo que no xulgado e 60 familias que participaron no proceso de selección e aprobaron unha proba poderán, polo menos, se os responsables políticos manteñen a súa palabra, ter unha opción laboral e respectar os seus dereitos.

 

Os populares tamén conseguiron incorporar aos Orzamentos unha achega para a construción da residencia de Cervantes, así como incluír subvencións nominativas para diferentes asociacións e colectivos.

 

O PP, o promotor de moitos proxectos

Candia explicou que o Goberno do PSOE desde que está en minoría requiriu o apoio do Grupo Provincial do PP en moitas ocasións e hai que recordar que o investimento en estradas de 15 millóns de euros foi promovida polos populares. O PP capitaneou tamén que a provincia tivera canceiras e á xestión pública do consorcio de bombeiros cambiando unha folla de ruta para que se mellorara a xestión. “Lideramos un cambio de rumbo con criterios que non eran compartidos con outros compañeiros. Mentres, moitos alcaldes nosos atopamos con titulares e fotos desleales, nas que non aparecen nin os alcaldes. Algo pouco elegante. Este tipo de falta de respecto institucional todos os concellos onde non gobernan collían e despois deste escenario de consenso ía o presidente e daba un paseo co voceiro de cada concello dicindo que foi grazas á súa xestión e faltan á verdade e son exemplo de deslealdade. Por enriba sorrín e dan a man e por debaixo dan patadas. Non é elegante e non creo que lle quiten moita rendabilidade política”, precisa.

 

Críticas á xestión do PSOE

“Son os últimos orzamentos deste mandato e os veciños merecen ter unha foto fixa do que pasou aquí. A aprobación dos Orzamentos apláudena porque é diñeiro para resolver problemas, pero o presidente colleu a Deputación con débeda 0 e déixaa cun 19%. A realidade é que aprobamos 15 millóns de euros para estradas e faltan por executar máis do 50%. A realidade é que para a Casona do Incio veñen prometendo desde o 2011. Un día din que a tiran e outros que se rehabilita e que conten os veciños que antes de maio dirán que a van rehabilitar porque o fixeron no 2011, no 2015 e vano facer no 2019. A mensaxe será a mesma pero a realidade é que en 2018 chegan adquirido ese inmoble comprometidos cun territorio e resulta que en vez de ir a máis foron a menos. De 240.000 euros a 200.000 euros. Pasaron 10 anos e agora poñen na memoria como un exemplo en positivo que lle quitan 40.000 euros. Pecho con este exemplo.

 

“Temos a obriga de dicir a verdade e pedir que rectifiquen estas prácticas. Cremos que a provincia necesita orzamentos e ao aprobar as nosas emendas imos rematar un mandato excepcional no que desde que tomamos posesión só nos imos mover pola máxima da coherencia. A posibilidade de emendar este Orzamento permite incrementar na partida de ingresos se os concellos o elixen a partida que previamente aprobamos en Suplusa. Seguiremos traballando por defender os intereses dos veciños e que o goberno corrixa aquilo que deben mellorar. Non son os que faría o PP pero non podemos deixar á provincia sen eles porque haxa un Goberno do PSOE en minoría”.