Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal Popular de Burela denuncia “o cinismo e dobre moral de Llano e o seu equipo en materia de loita contra da violencia de xénero”

Burela, a 26 de novembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés denunciou hoxe “o cinismo e a dobre moral de Alfredo Llano e do seu goberno socialista en relación coa erradicación da violencia contra da muller; xa que falan moito, pero non fan nada realmente útil para as mulleres que sofren esta lacra ou para previla, agás actos que se quedan no acto en si e non teñen continuidade no tempo”.

Os edís populares afirman “non estar en contra dese tipo de actos, coma o celebrado o venres na Praza do Concello. Pero, neste caso, o labor do alcalde e do seu equipo chega ata aí e nada hai de políticas activas contra a violencia machista”.

Desde o Grupo Municipal Popular afirman que “nada se sabe do piso dedicado a vítimas de violencia de xénero que o goberno do PP deixou encarrilado hai xa tres anos e medio. A día de hoxe, as cousas están como estaban, e non valen desculpas porque en tres anos e medio pódense facer moitas cousas. Como por exemplo elaborar a memoria do IV Plan de Igualdade entre homes e mulleres 2015-2017 que marcaba liñas de traballo con actuacións e actividades concretas. A día de hoxe nada se sabe desa memoria cando xa tiña que estar entregada a principios do presente ano. E tampouco nada se sabe do hipotético V Plan de Igualdade continuación do anterior”.

Os edís do PP aseguran que “sen plan de igualdade aprobado e en vigor, non se pode ter acceso a certas subvencións dedicadas precisamente a políticas activas contra a violencia machista polo que as prexudicadas por este xeito de actuar tan pouco serio e rigoroso son as propias mulleres”.

Os populares lembran que “estes asuntos son competencia da concellería de Servizos Socias e Igualdade, que ata hai mes e medio dirixía Dna. Patricia Otero. A Sra. Otero foise, deixando todo sen facer, polo que con razón é, de largo, a peor concelleira de Servizos Sociais e Igualdade que tivo este concello”.

Para o Grupo Popular “ás mulleres agradecen os discursos, Sr. Llano, pero iso non lles chega. Queren feitos e políticas activas que supoñan unha auténtica implicación na erradicación da violencia de xénero que no seu caso queda reducida ás fotos e aos discursos”, conclúen.