Partido Popular de Lugo

Manuel Rouco: “a presenza de Feijóo no Hospital evidencia o compromiso da Xunta coa sanidade pública, con Burela e coa Mariña”

Burela, a 15 de novembro de 2018.- Manuel Rouco, presidente da xestora do PP de Burela, afirmou hoxe que “a presenza do presidente da Xunta en Burela, Alberto Núñez Feijóo no día de onte para verificar o estado da ampliación do Hospital da Mariña, ubicado na nosa localidade, evidencia o seu compromiso e e o do seu Goberno coa sanidade pública, con Burela e coa comarca da Mariña”.

Rouco indicou que “á vista do transcorrer das obras e dos servizos que se foron poñendo en marcha no Hospital da Mariña desde 2012, ninguén debería ter ningunha dúbida sobre o compromiso do Partido Popular. O investimento de 12’8 millóns de euros nesta primeira fase da ampliación do Hospital e outros 2 millóns máis en mobiliario e aparataxe supoñen un salto cualitativo considerable que deixa lonxe a única ampliación anterior do Hospital, sendo presidente da Xunta Manuel Fraga, cando se investiron 3 millóns de euros para a construción do PAC”.

O presidente da xestora do PP burelés salientou que “ninguén fixo nunca máis pola sanidade pública en Burela e na comarca que o Partido Popular. En Burela, o Centro de Saúde fíxose con Goberno municipal e da Xunta do PP e a anterior ampliación e a actual fanse con Goberno da Xunta do PP. E esta ampliación, que en realidade supón contar cun novo hospital, é posible grazas a que o anterior goberno municipal, do Partido Popular, aprobou o Plano Xeral de Ordenación Municipal que non contou co apoio do PSOE sabendo que se estaba xogando a ampliación do Hospital”.

Rouco indica que “onte, durante a visita do presidente Feijóo, resultou sorprendente ver como Alfredo Llano se amosaba contento por estas obras de ampliación, en contra do desprezo ás mesmas que ten mostrado nos Plenos municipais. Agardamos que manteña sempre o mesmo criterio, aínda que coñecendo o historial do señor Llano, moito nos tememos que non será así”.

Reforma integral do CEIP Virxe do Carme

O presidente da xestora do PP burelés amosou a súa “satisfacción e agradecemento á Xunta de Galicia pola celeridade en buscar unha solución aos problemas do CEIP Virxe do Carme atendendo ás lóxicas e comprensibles peticións dos pais e nais de alumnos dese centro. Sen dúbida, o investimento de preto de 900.000 euros é respectable e, polo tanto, estamos seguros de que cubrirá suficientemente as demandas de reforma integral que precisa o centro”, conclúe.