Partido Popular de Lugo

Manuel Rouco indica que “persoal da Unidade Técnica de Educación estará mañá no ‘Virxe do Carme’ para definir as actuacións a realizar no centro para unha reforma estrutural”

Burela, a 11 de novembro de 2018.- Manuel Rouco, presidente da Xestora do PP de Burela, afirmou hoxe que o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, comunicoulle que “mañá, luns, persoal da Unidade Técnica de Educación estará no CEIP ‘Virxe do Carme’ para facer unha valoración dos traballos que hai que efectuar no centro de cara a levar a cabo unha reforma estrutural”. José Manuel Balseiro e Manuel Rouco mantiveron hoxe unha reunión na Casa do Mar de Burela para tratar a situación do CEIP “Virxe do Carme” e as solución a levar a cabo.

Balseiro indicoulle a Rouco que “para definir a solución, hai que ver qué traballos hai que efectuar e facer a pertinente valoración económica. Así se lle foi trasladado polo Delegado á ANPA e á dirección do centro, acadando un compromiso de que no prazo dun mes confíase en ter definidos os traballos a facer e a valoración económica dos mesmos”.

Rouco destacou tamén “a confirmación por parte do Delegado de que as obras de emerxencia van comezar nesta vindeira semana, se o tempo o permite, para levar a cabo as actuacións máis urxentes para que a actividade lectiva poida desenvolverse con normalidade”.

O presidente da Xestora do PP burelés tamén fixo fincapé nunha cuestión que considera fundamental, como é o mantemento e conservación do centro educativo, que lle compete ao concello. Rouco salientou que “o informe elaborado polos técnicos de Educación, que por suposto entenden do que falan, indica que a situación agravouse por falla de mantemento do centro. E isto non o di o Delegado da Xunta, senón que son os propios técnicos de Educación quenes o subliñan”.

Rouco indicou que as obrigas dos concellos en materia de mantemento e conservación dos centros de ensino de Infantil e Primaria están perfectamente definidas no Pacto Local asinado en 2007 entre a por entón conselleira socialista Laura Sànchez Piñón e a FEGAMP.

O presidente da Xestora local do PP burelés, que amosou a súa satisfacción polo que lle transmitiu Balseiro e que ten plena confianza en que a Xunta vai solucionar o problema, ten previsto reunirse en breve coa ANPA e coa dirección do Centro, para “colaborar na medida das nosas posibilidades na solución do situación xerada”.