Partido Popular de Lugo

Feijóo participará na tradicional pulpada do PP lucense que contará con preto de 1.000 asistentes

26, outubro, 2018. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará o vindeiro domingo 28 de outubro na tradicional pulpada que cada ano, coincidindo co San Froilán, celebra o PP de Lugo cos seus afiliados e simpatizantes.

 

Os dirixentes do PP na provincia entre os que se atopan a presidenta provincial, Elena Candia, e o vicepresidente e candidato do PP á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, acompañarán a Núñez Feijóo nun paseo pola zona centro da cidade que se desenvolverá antes do xantar.

 

Posteriormente, cargos públicos e membros do partido trasladaranse á finca La Fortaleza de Torre de Núñez onde participarán no xantar para o que está confirmada a asistencia de preto de 1.000 persoas procedentes de tódolos municipios da provincia que xa adquiriron a súa tarxeta por un prezo de 27 euros. Ao superar as previsións, foi necesario habilitar un novo espazo para esta xuntanza.