Partido Popular de Lugo

Os populares de Viveiro poñen en valor os investimentos para o porto e a VAP Costa Norte contemplados nos orzamentos da Xunta para 2019

22, outubro, 2018. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Viveiro, Antonio Bouza Rodil, pon en valor os investimentos previstos para o municipio nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2019. De feito, “Viveiro beneficiarase de partidas destacadas para o porto e a VAP Costa Norte, entre outras”.

 

O popular destaca que “o compromiso do Executivo galego co municipio, e a comarca da Mariña no seu conxunto, como demostra a achega de 1,5 millóns para continuar co desenvolvemento da Vía de Altas Capacidades”.

 

O voceiro municipal do PP considera que “o Goberno de Feijóo ten en conta tamén as necesidades de Viveiro en materia hidráulica e nos portos”. De feito, os orzamentos autonómicos contemplan 466.600 euros para o saneamento de Celeiro e a mellora da EDAR de Viveiro; ademais dun millón para a dragaxe do porto de Viveiro e 60.000 euros para a demolición de naves e o acondicionamento da explanada portuaria.

 

Ademais, dentro das partidas xenéricas, “verase beneficiado o Servizo de Gardacostas con sede en Viveiro que garante a súa operatividade cunha achega que supera os 2,1 millóns de euros dirixidos ao mantemento deste servizo esencial para os profesionais do mar e da base de helicópteros que por un compromiso do Goberno Feijóo está operativa os 365 días do ano as 24 horas”, remarca o voceiro no municipio.

 

 

Máis achegas da Xunta

Ademais destes investimentos, os populares de Viveiro recordan que as achegas para actuacións específicas en Viveiro suman, no seu conxunto, preto de 5,2 millóns de euros. E a estas “hai que engadir outras partidas xenéricas que elevarán as achegas do Goberno autonómico para o concello viveirense”, conclúen.