Partido Popular de Lugo

A nova liña de autobús con saída ás 14.35 horas que conectará Lugo e A Pobra de San Xiao porase en marcha o próximo luns

19 de outubro de 2018.- O presidente e portavoz do PP de Láncara, Santiago Cubillas, mantivo no día de hoxe unha reunión co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. No transcurso da mesa confirmoulle que, segundo, avanza a empresa adxudicataria do servizo (Monbús), a nova frecuencia comezará a operar o próximo luns 22 de outubro.

 

A Xunta autorizou o pasado venres esta nova liña de servizo público de transporte por autocar, que unirá a cidade de Lugo e A Pobra de San Xiao (Láncara), todos os días laborais, con saída da capital provincial ás 14.35 horas.

 

O tempo de demora entre a autorización e a posta en marcha efectiva desta nova frecuencia debeuse a cuestións técnicas, en particular á imprecindible adaptación dos programas e das máquinas expendedoras dos billetes.

 

Con esta nova liña espérase atender ás necesidades dos estudantes de Secundaria que teñen que facer desprazamentos a diario entre ambas localidades. Unha demanda da que se fixo eco o propio Partido Popular Local, quen presentou un escrito formal, diante da Xunta de Galicia, no que solicitaba precisamente a creación desta nova frecuencia.

 

Foron, polo tanto, os populares os que lideraron unha petición que buscará satisfacer esta demanda existente entre a veciñanza do municipio que, segundo indican, verase satisfeita a partir do vindeiro luns.