Partido Popular de Lugo

O PP de Burela: “Mentras Concellos da comarca compiten en Moto GP, nestes momentos Burela compite en vespino”

BURELA, 28 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés calificou de “lamentable” a actuación do alcalde e dos socialistas no pleno celebrado onte, xoves, xa que votaron en contra, sistematicamente, das iniciativas presentadas polos populares para que Burela progrese tanto económica coma socialmente.

Non do alcalde” á dinamización de Burela

Concretamente, o PSOE rexeitou a canalización do Río do Perdouro e posterior comunicación entre Vista Alegre e o Perdouro, agora só posible a través de Arcadio Pardiñas, a pesares de ese proxecto serviría como elemento dinamizador da bolsa de solo empresarial do Perdouro. Para os populares o “non do alcalde” semella que a este “non lle interesa que se asenten empresas en Burela, que xeren emprego e, polo tanto, riqueza”.

 

Non se desenvolve o PXOM

O equipo de goberno tamén se opuxo ao desenvolvemento do PXOM, o que evidencia, indican que “non hai nada, ningún documento elaborado”. “Cando vemos que outros Concellos xa están pensando en desenvolver os seus Plan Xerais recentemente aprobados (Mondoñedo, Foz…), en Burela non se move nin un só papel ao respecto, co que as persoas que queiran facer vivendas unifamiliares terán que irse fóra do municipio”, advirten.

 

Segundo os populares, “o alcalde chegou a dicir que o desenvolvemento do PXOM non é prioritario, esquecendo que o feito de que se non se desenvolve, isto supón a paralización de Burela”, remarcan.

A peor concelleira de Servizos Sociais

Dende o Grupo Municipal consideran “patético” que non se aprobe a desafección de máis vivendas sen uso no CEIP Virxe do Carme, que logo de arranxadas servirían para vivendas de acollida, punto de encontro, ou locais para asociacións. Deste xeito, resulta “impresentable” que a Sra. Otero anuncie agora, tres anos e catro meses despois, proxectos para os dous inmobles que desafectou e arranxou o goberno municipal do PP.

 

Neste senso, critican que, despois de seis meses, aínda non presentase a memoria do Plan de Igualdade 2015-2017 e tampouco teña elaborado o de 2018-2020. Tres cuestións, advirten, “polas que pasará á historia como a peor concelleira de Servicios Sociais do que leva de vida o Concello de Burela”.

 

 

 

 

Os incumpriementos do alcalde, en evidencia

O PP afirma que o alcalde quedou en evidencia cos seus incumprimentos, que provocaron a petición de reprobación, e que quedaron demostrados mesmo coas xustificacións dadas polo propio rexedor. E é que, segundo destacan, Llano “escudouse en obras de pouca entidade, que non lle serviron para demostrar que non ten proxectos que ilusionen e sirvan para avanzar de cara ao futuro. Se alguén entra na sede electrónica, poderá comprobar que a parálise do alcalde e dos socialistas é absoluta”, manifestan.

 

Para os populares a conclusión é evidente: “Burela leva tres anos e catro meses perdidos, que non se van recuperar nos oito meses que quedan para as eleccións. Por tanto, mentras Concellos da comarca compiten en Moto GP, nestes momentos, e por desgraza, Burela compite en vespino”.