Partido Popular de Lugo

O PP de Navia considera que as Festas “foron un desastre” e que a concelleira encargada da organización “debe dimitir”

18, setembro, 2018. O grupo municipal popular de Navia de Suarna considera que as festas patronais da Virxe das Dores foron “un desastre”, polo que a responsable no Concello da súa organización “debe dimitir”. Neste senso, afirman que o feito de que quedasen sen sesión vermú un dos días é consecuencia “da deixadez” da concelleira de Festas.

 

“Son moitas as queixas que hai no pobo sobre este asunto, pois as festas tamén son un motivo para xuntarnos todos os veciños. Cada ano van a peor pero, sen lugar a dúbidas, as deste non hai por onde collelas. Para iso, era mellor que non as fixese. A imaxe que se deu con elas é lamentable”, insiste Jesús Fernández, o voceiro do PP neste municipio da Montaña.

 

Responsabilidade tamén do alcalde

Para o populares “tal desfeita” tamén é responsabilidade do alcalde por manter no posto a unha persoa que está a demostrar moitas eivas para desempeñar correctamente o seu traballo e acorde ao que demandan os naviegos. “O rexedor é o primeiro que debería de tomar cartas no asunto, sobre todo, cando llo advertimos varias veces en distintos Plenos pero, como sempre acontece, non só non nos fai caso, senón que tira para diante, importándolle moi pouco cal sexa o resultado, e que, neste caso, reiteran, “foi un auténtico desastre”.

 

Desde xeito, Jesús Fernández destaca que, “vendo cómo se foron desenvolvendo as das edicións anteriores, esta situación tiña que chegar antes ou despois”. “Pasamos de ter unha cita de referencia non só para Navia, senón tamén para toda a comarca e as localidades limítrofes, a ter unha festas que dan pena. Dende que o PSOE entrou no goberno os festexos sempre foron a peor. Empeñáronse en acabar con eles e estano conseguindo”, remarcan.

 

 

Desculpas públicas

Por todo elo, consideran que o alcalde debe esixir responsabilidades á concelleira encargada da súa organización e pedir desculpas públicas a todos os veciños, “que, dende logo, non se merecen algo así”, conclúen.