16, setembro, 2018. O Partido Popular da provincia Lugo pon de manifesto a clara falta de liderado do secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo xa que a reunión da executiva galega dos socialistas, celebrada onte na Cidade de Lugo, celebrouse a pesar de que Álvaro Santos non estivera de acordo na data.
Así, a reunión da executiva galega do PSdeG celebrada no día de onte na capital lucense, á que non asistiu Álvaro Santos, volve a ser unha clara mostra das liortas internas entre a dirección provincial e autonómica dos socialistas.
Os medios de comunicación recollían onte que o secretario xeral provincial do PSdeG dirixira unha carta aos membros da executiva galega na que mostraba a súa irritación e na que tildaba de inapropiada a data escollida, e anunciando que non acudiría.
O secretario xeral do PSdeG, Abel Caballero, fixo caso omiso á carta dirixida e mantivo a convocatoria da executiva galega á cal, ao contrario do secretario xeral provincial dos socialistas, asistiron os resto dos seus membros da provincia de Lugo
Os populares destacan que con estas actitudes dentro das filas dos socialistas queda demostrado que son incapaces de ser útiles para a veciñanza lucense e galega xa que nin se dan posto de acordo entre eles e, no caso de Álvaro Santos, que nin é capaz de liderar aos membros do PSOE da provincia de Lugo. En política hai que estar para buscar o mellor para os cidadáns e non para estar “pelexándose” un día si e o outro tamén.
Unhas liortas internas que veñen de lonxe
Na elección de Álvaro Santos como secretario xeral provincial do PSdeG, este non contou co apoio do líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero.
Ademais non é a primeira carta que lle remite Álvaro Santos a Gonzalo Caballero xa que, segundo recollen os medios de comunicación, xa lle solicitara por escrito que lle comunicara o calendario para elixir candidatos ás alcaldías.