Partido Popular de Lugo

Cubillas lamenta que Láncara quede por segundo ano consecutivo sen obradoiro de emprego

11, setembro, 2018. O voceiro do PP, Santiago Cubillas, lamenta que Láncara quede por segundo ano consecutivo sen obradoiro de emprego. Así se desvela logo de coñecer que o alcalde non solicitase as axudas correspondentes ao abeiro desta iniciativa, e que permiten a creación de novos postos de traballo no municipio e a formación de desempregados menores de 30 anos.

 

A este respecto, Cubillas considera “grave” que o goberno local “desperdiciase, un ano máis, unha oportunidade coma esta que leva aparellada a sinatura de contratos por un período mínimo de 6 meses”. Por este motivo, destaca que este desentendemento por parte do rexedor evidencia “a súa despreocupación por un dos temas máis importantes que ten a sociedade en xeral, e que é o paro, así como que é un alcalde vago e centrado en todo menos en atender e dar novas oportunidades aos seus veciños”.

 

Repítese a dinámica

Deste xeito, o voceiro do PP lamenta que este ano “se repita a dinámica”. E é que en 2017 a entidade local perdeu o obradoiro porque o rexedor presentar mal e fóra de prazo a documentación necesaria para optar a estas axudas; o que trouxo como consecuencia que os municipios de Baralla, Triacastela e As Nogais, tamén quedasen sen estas subvención, pois o lancarés era a entidade promotora de dito proxecto compartido.

 

Por todo elo, considera que o socialista debe de dar explicacións públicas dos motivos polos que este ano declinou optar á iniciativa da Xunta de Galicia. “Cremos que o Sr. Darío non pode permanecer agochado sobre este tema. Debe aclarar que é o que o levou a non concorrer a algo tan proveitoso coma esto”. Por outra banda, subraia, “cremos que non lle estamos pedindo nada do outro mundo. Simplemente que non é de recibo que un alcalde pase de solicitar unha axudas para crear emprego, con independencia de que estas veñan de onde veñan”, conclúe.