Partido Popular de Lugo

Olano considera “una falta de respeto” que a Subdelegada anuncie obras de emerxencia na N-642 cando son actuacións que deixou encamiñadas o PP

O voceiro no Congreso do Deputados, Jaime de Olano, considera “una falta de respeto” que a subdelegada do Goberno anuncie o investimento de 1,5 millóns de euros en obras de emerxencia na N-642, cando estas son actuacións que deixou encamiñadas o Executivo do Partido Popular. Deste xeito, o deputado do PP censura “el excesivo atrevimiento” da socialista, “pues, como mariñana que es, también es conocedora de que ha sido el anterior equipo de Gobierno el que ha impulsado estas actuaciones, al estar incluídas en el Plan de Emergencias, pactado con la Delegación de Carreteras de Galicia”.

Por este motivo, lamenta que a nova subdelegada “quiera apuntarse el tanto tan descaradamente”. Hay que tener bastante poca dignidad política para hacer algo así, sobre todo, cuando el PSOE no ha hecho absolutamente nada para arreglar esta vía. Es más, lo único que recibimos en aquel momento eran críticas, y ahora resulta que quieren engañar a los vecinos vendiendo ellos el esfuerzo de un Gobierno que ha trabajado con sensatez y rigor”, destaca

Traballo do PP

Proba delo, apunta, son as negociacións e contactos que levaron a cabo os deputados e senadores lucenses cos responsables de Fomento naquel momento. Sin ir máis lonxe, no mes de maio mantiveron unha xuntanza co anterior secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, na sede de Adif. Asemade, o Grupo do PP no Senado rexistrara tamén en abril unha moción para defender os intereses dos mariñanos e dos lucenses en xeral, que ía encamiñada neste mesmo senso.

Concretamente, en dita proposta instábase ao Goberno a proceder cos fondos necesarios o arranxo das estradas da provincia que están en peores condicións, así como o avance nos trámites administrativos para a execución das autovías que vertebrarán a nosa provincia co resto de Galicia, coa Meseta, e incluso co norte de España. No caso da Mariña, incluíase a A-74, que vai de Barreiros a San Cibrao, e cuxo proxecto do primeiro treito Barreiros-Foz xa se atopaba en redacción. Esta importante e demandada arteria de comunicación dispón nas contas deste ano, grazas á xestión do anterior Goberno, unha partida de 3,6 millóns de euros que irán destinados á aprobación e redacción dos proxectos para, posteriormente, licitar as obras dos treitos Barreiros-Foz-Burela e para o vindeiro ano case 30 millóns de euros para esta autovía.

No caso da estrada N-642, o importe forma parte dun lote que englobaba outras vías das mesmas características na provincia, así como a instalación de novas medias antinéboa para a A-8, e que sumaban máis de 20 millóns de euros. A este respecto, o Executivo de Rajoy tamén habilitara unha partida de urxencia de 800.000 euros para reparar aqueles treitos que están en peores condicións.

“Estaremos vigilantes”

Por todo elo, Olano remarca que “estaremos vigilantes para que el Goberno da Sr. Rodríguez cumpra escrupulosamente os Orzamentos aprobados; los mismos que rechazaron y que ahora parece que les sirven”. Precisamente, por este motivo, o deputado popular amosa “súa sorpresa” polo anuncio da socialista. “No sé si es que no se ha dado cuenta, que ha sido fruto del desconocimiento por llevar poco en el cargo, o si sigue la mesma dinámica del presidente Sánchez: donde dije digo, digo Diego”, conclúe.