Partido Popular de Lugo

Inauguración curso político PPdeG

A presidenta provincial, Elena Candia, participou este sábado no acto de inicio do curso político que o PPdeG celebrou en Cotobade, e no que tamén interviron os presidentes nacional, Pablo Casado; autonómico, Alberto Núñez Feijóo; e o resto de presidentes provinciais.

Durante o transcurso do mesma, a dirixente dos populares na provincia subliñou que "cos alcaldes, os conselleiros, un gran presidente e a militancia estamos no mellor momento para afrontar as eleccións municipais".