Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación de Lugo difunde información sesgada a través das súas redes sociais

O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación de Lugo difunde información sesgada a través das súas redes sociais ao anunciar obras por importes superiores aos de adxudicación e actuacións nunha vía cando en realidade se refiren a tres estradas. Os populares lamentan que o Goberno que dirixe Darío Campos trate de enganar así aos veciños cando as cifras son públicas atendendo á normativa vixente.

É o caso, precisan, da información ofrecida o pasado 26 de agosto a través do Facebook institucional da Deputación de Lugo sobre a intervención na estrada que une A Pontenova coa Fonsagrada, unha actuación recollida no Plan Provincial de Estradas que promoveu o PP. 

fonsagrada

Os socialistas sinalan, como pode verse, que esta obra contou cun orzamento de 340.000 euros, cando, segundo se pode comprobar na Plataforma de Contratación do Sector Público, o obxecto de contrato que corresponde con esta contía inicial refírese ao arranxo de tres estradas:

PONTENOVA – FONSAGRADA.- Rehabilitación firme LU-P-1904 "De Fonsagrada A Pontenova, p.k. 12+975 – 15+750; LU-P-4805 "De Boulloso por Dudrín, a Filgueira, P.k. 0+800 – 3+700; LU-P-4808 "de Pontenova, por Vilauriz, á CN 640, p.k. 0+000 – 1+000”.

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b1/hZDNDoIwEISfiOxaSpEj8tOWqCAISi-GRCRNRC_GGJ_eQuLFBNzbJN_M7g4oqBcOesQjdEnhCOrWPHXXPPT91lyhBqXck19FO196NvI8i5CscpfRODUSoeqbl-71uz3DHmoxBCh2olEaBLEguCzsEMk6LEsmBkkMUBsAJ8bH0T-1EL9-xw5olVQZKyRHlCIO16V5gxP2z38ANSJzCSMwd-L8EoStuPftb3npKjddJNlmn3GyQGRDYxJ6pS2VXwpp8e4DLljmHQ!!/

A maiores, en lugar dos 340.981,87 euros que citan, orzamento base de licitación, finalmente a actuación foi adxudicada por un importe de 231.867,46 euros, polo que están anunciando un investimento 109.114.01 euros superior ao que realmente se levou a cabo.

O Grupo Provincial do PP censura que presidente e vicepresidente boten man da publicidade enganosa e traten de vender a intervención nunha estrada cando en realidade as obras se refiren a tres vías e que ademais mintan con descaro sobre o investimento levado a cabo na información que facilitan á veciñanza.