Partido Popular de Lugo

Os populares esíxenlle ao secretario xeral do PSOE lucense “dar explicacións” aos veciños de Castroverde, Trabada e Pol por non ter abertas as súas residencias

O Grupo Provincial Popular esíxelle ao secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos, dar explicacións aos veciños e veciñas de Castroverde, Trabada e Pol por non ter abertas as residencias de maiores nestes municipios.

Os populares recordan que as residencias de maiores e centros de día destes tres municipios xa contan con tódolos permisos para abrir as súas portas e comezar a ofrecer os seus servizos. De feito, a Xunta autorizou o pasado mes de xaneiro o inicio de actividade en  Castroverde, en marzo o de Trabada, e en abril a de Pol. 

Nese sentido, dende o Grupo Popular recordan que “non somos nós os que estamos a impedir que as residencias entren en funcionamento. A súa apertura é responsabilidade do Goberno provincial”.

“Deberían pedir desculpas polas inauguracións ficticias”

Os populares insisten no “espectáculo bochornoso” que continúan a ofrecer os socialistas ao manter cerrados os centros que eles mesmos inauguraron en marzo do 2015. Por iso, defenden que o Goberno provincial “debe pedir desculpas aos veciños e veciñas de Castroverde e A Fonsagrada por esas inauguracións ficticias”