10, xullo, 2018. Láncara acollerá un campamento scaut este mes grazas ás xestións do grupo municipal, que encabeza Santiago Cubillas. E é que os populares, ademais de solicitar ao Concello esta actividade a través dunha moción presentada hai meses no Pleno, asesoraron aos interesados para realizar a tramitación administrativa da petición formal.
A iniciativa desenvolverase dende o 14 ao 30 deste mes, na área fluvial da Pobra de San Xillao. Contará 21 monitores e nel participarán 65 rapaces de entre 6 e os 18 anos, procedentes de Madrid.
“Estamos convencidos de que a iniciativa será moi positiva para os participantes. Por isto, nos puxemos á súa disposición dende unha perspectiva de colaboración, pois en todo o que sexa sumar para promocionar o noso concello, sempre nos terán ao seu carón”, destaca Cubillas.
Neste senso, dende o Partido Popular consideran importante poñer en valor o seu traballo, pois “dende o primeiro momento nos implicamos neste proxecto”. “Cremos que era importante que o noso municipio acollese esta actividade, e que supón unha oportunidade para dar a coñecer o concello turística e conomicamente”, destacan.