Partido Popular de Lugo

Cubillas pon en valor que a Xunta estea a cumprir as previsións do proxecto da LU-621

3, xullo, 2018. O voceiro do PP, Santiago Cubillas, agradece publicamente que a Xunta de Galicia estea a cumprir as previsións anunciadas respecto do proxecto da estrada que comunica A Pobra de San Xillao con Láncara (LU-621). A administración autonómica iniciou estes días os traballos de limpeza das cunetas para logo continuar co acondicionamento do firme e posterior aglomerado en toda a calzada.

 

En total, o Executivo galego destina a esta actuación concreta, que afecta a un total de 8,2 quilómetros, preto de 400.000 euros, e que se suma a outras melloras realizadas na mesma estrada o pasado ano por valor de máis de 600.000 euros.

 

Deste xeito, segundo subliña o dirixente dos populares lancareses, “grazas ao Goberno de Feijóo, e á implicación do delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, dáse resposta á petición de moitos veciños que, dende hai tempo, veñen reclamando o arranxo desta vía”.

 

As obras inclúen reparación do pavimento deformado, aplicando aglomerado en quente e unha nova capa de rodadura de cinco centrímetros en todo o treito. Ademais, tamén se instalará a correspondente sinalización horizontal e vertical, así como as barreiras de seguridade.

 

Sinalización en mal estado

Respecto do mal estado en que se atopa a sinalización do municipio, Cubillas lamenta que o alcalde “frivolice” con este asunto, xa que “o que dixemos sobre a mesma non é ningunha falacia, é a realidade”.

 

O voceiro do PP considera que é obriga da entidade local proceder de xeito inmediato á súa substitución. “O deterioro que presenta “é máis que notable”, afirma. E é que segundo remarca, “dende que o PSOE está no goberno non se fixo nada ao respecto, nin se colocaron novos carteis, nin se repararon os existentes, nin se fixo nada de nada”, defende.