Partido Popular de Lugo

O PP da comarca de Sarria pon en valor que Medio Rural investise 15,5 millóns de euros para impulsar o agro da zona

20, xuño, 2018. Os populares da comarca de Sarria destacan o impulso que están a supoñer as axudas concedidas pola consellería de Medio Rural ao sector agrogandeiro e forestal da comarca, e que en 2017 ascenderon a máis de millóns de 15,4 euros. Deste xeito, dende o PP agradecen esta “inxección económica” que permitiu incrementar a profesionalización do agro da zona, garantindo a viabilidade das explotacións e o mantemento e conservación da masa forestal existente nesta zona.

 

Concretamente, a maior parte destas subvencións están incluídas nos distintos programas impulsados pola consellería, como son os plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; o Plan Marco, destinado á rehabilitación de camiños; o desenvolvemento das concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; as subvencións para a transformación e comercialización de produtos, etc.

 

Para os populares estas axudas cobran especial importancia “se temos en conta que, por exemplo Sarria, con máis de 12.000 vacas, se sitúa na relación de Concellos de Galicia con máis gando que persoas, o que dá unha idea do importante peso que ten o sector nesta zona”, afirman.

 

Só Medio Rural

“Para os nosos concellos que Medio Rural faga este esforzo é crucial. Son moitas as familias que viven do agro, polo que canto máis se potencie, máis serán os mozos que decidan continuar coas explotacións familiares e máis os que se queiran incorporar e emprender unha vida no rural”, remarcan, ao tempo que destacan que se trata dun investimento que cobra máis relevancia se se ten en conta que dita aportación é só dunha consellería, polo que “se sumásemos o que destina a Xunta de Galicia na súa totalidade, a inversión sería moito maís contiosa”, indican.

 

Distribución dos 15,5 millóns

Os 15,5 millóns de euros que vén de investir a consellería de Medio Rural distribúense do seguinte xeito nos 7 municipios que integran esta demarcación:

 

Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017

TOTAL por CONCELLO

CONCELLO

1.473.716,86

Incio (O)

3.274.894,20

Láncara

2.810.108,19

Paradela

1.454.351,51

Páramo (O)

503.151,15

Samos

4.503.800,17

Sarria

1.447.668,69

Triacastela

15.467.690,77

TOTAL