Partido Popular de Lugo

Lugo, o 2º concello da provincia no que Medio Rural fixo un maior investimento en 2017

19, xuño, 2018. Lugo é o segundo concello da provincia no que a consellería de Medio Rural fixo un maior investimento en 2017. Deste xeito, este municipio percibiu o pasado ano a traves deste departamento máis de 5,1 millons de euros, sendo tan só superado polo de A Pastoriza, que recibiu algo máis de 5,3 millóns.

 

Asemade, o esforzo realizado por esta consellería tamén supuxo un importante impulso para os sectores agrogandeiros e forestal da comarca lucense. Concretamente, dende a carteira que dirixe Ánxeles Vázquez, inxectouse nos municipios que conforman esta demarcación máis de 23,3 millóns de euros. Foi a través de distintas axudas que permitiron a profesionalización e a viabilidade das explotacións, asegurar o relevo xeracional, así cmno realizar tarefas relacionadas coa silvicultura, entre outras actuacións.

 

Os populares de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade agradecen esta “importante colaboración” de Medio Rural, destacando que se trata dunhas axudas que repercutirán “moi positivamente rural”, no mantemento das explotacións e na conservación da masa forestal existente nestes oito concellos.

 

Neste senso, apuntan que “son moitas as familias que viven do agro, polo que canto máis se potencie, máis serán os mozos que decidan continuar coas granxas familiares e máis os que se queiran incorporar e emprender unha vida no rural”.

 

Distribución dos 23,2 millóns

Os 23,2 millóns de euros que vén de investir a consellería de Medio Rural distribúense do seguinte xeito por municipio:

 

Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017

TOTAL por CONCELLO

CONCELLO

2.924.365,58

Castroverde

2.484.180,54

Corgo (O)

4.584.738,50

Friol

3.010.638,63

Guntín

5.150.070,61

Lugo

1.298.900,63

Outeiro de Rei

2.153.142,54

Portomarín

1.621.785,71

Rábade

23.227.822,74

TOTAL