Partido Popular de Lugo

O PP de Burela asegura que non hai nada feito da normativa que o alcalde anunciou no plan normativo municipal

BURELA, 18 de xuño de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés vén de presentar a través da sede electrónica do Concello un escrito solicitando documentación relativa aos planos normativos municipais de 2017 e de 2018 porque, dado que son practicamente idénticos, a proposta de nova normativa municipal ou modificación da existente xa debería estar aprobada, ou alomenos en fase de exposición pública. A realidade é que, segundo destacan os populares, nin tan siquera está en fase de exposición pública, polo que consideran que o rexedor “debería cando menos pedir desculpas e asumir as súas responsabilidades, dado que incumpre o que el mesmo anuncia e aproba”.

Dende o PP indican que, incluída nesa nova normativa, está a ordenanza de venda ambulantes, ou sexa, o regulamento do mercado, que o dirixente socialista xa anunciou hai ano e medio e do que a día de hoxe nada se sabe; o regulamento orgánico municipal do Concello; ou a ordenanza reguladora da inspección técnica de edificios. Outra normativa pendente de redactar e que xa debería estar aplicándose, a tenor do anunciado polo alcalde, é o regulamento de asignación do complemento de produtividade do empregados municipais.

“En definitiva, indican, os populares, non está nada feito. O alcalde está convertido nun home-anuncio, pero con moi pouca querencia polo traballo e inmensa polas fotos e polo postureo”.

Para os edís populares, “o máis preocupante é que nunca asume responsabilidades: non se pode desviar a culpa a determinado persoal municipal, como fixo hai uns días; hai que lembrarlle que a Deputación ten asesores xurídicos dabondo para colaborar cos Concellos. E por riba minte, porque a ordenanza das terrazas está sen facer, cando el dixo que estaba feita; de estar feita, estaría no portal de transparencia, pero hai non atopamos nada ao respecto. O alcalde, en definitiva, debería ser máis coidadoso coas súas declaracións, e en todo caso anunciar menos e traballar máis”, conclúen.