12, xuño, 2018. A consellería de Medio Rural investiu o pasado ano uns 17 millóns de euros na Zona Sur da provincia, o que permitiu, segundo apuntan os populares da comarca, a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal, así como a mellorar as tarefas desta índole que realizan as entidades locais, como poden ser os traballos de desbroce das estradas da súa titularidade, grazas á concesión de axudas para a adquisición de tractores agrícolas.
Concretamente, o importe destas axudas non só supuxo “un impulso para moitos gandeiros, senón que tamén contribuíu á creación de novos postos de traballo na comarca e, por tanto, ao asentamento de fixación de poboación”, afirman. E é que a maior parte destas subvencións enmárcanse en distintos programas liderados polo departamento autonómico, como son os coñecidos plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; o Plan Marco para a rehabilitación de camiños; as concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; a transformación e comercialización de produtos, etc.
A este respecto, dende o PP agradecen a colaboración da Xunta de Galicia, que vén a dar cumprimento ao que anunciou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao comezo do presente mandato. “O presidente dixo que esta ía ser a lexislatura do rural, e con estas cifras estámolo vendo. Este investimento axuda aos beneficiarios a profesionalizarse, garantindo a viabilidade das súas explotacións e incluso algo que a veces é moi difícil, sobre todo na nosa zona, pola orografía que temos, como é o relevo xeracional”, remarcan.
Importe por municipio
Deste xeito, o desglose destes case 17 millóns de euros é o seguinte:
Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017 |
|
TOTAL por CONCELLO |
CONCELLO |
1.801.366,97 |
Baleira |
2.355.544,51 |
Baralla |
1.836.813,88 |
Becerreá |
1.911.840,23 |
Cervantes |
4.197.785,45 |
Fonsagrada (A) |
1.469.151,01 |
Navia de Suarna |
378.990,54 |
Negueira de Muñiz |
1.267.132,23 |
Nogais (As) |
992.801,80 |
Pedrafita do Cebreiro |
633.672,93 |
Ribeira de Piquín |
16.845.099,55 |
TOTAL provincia |