13, xuño, 2018. O Partido Popular da Terra Chá pon en valor o esforzo inversor da Xunta de Galicia nesta comarca, pois só dende a consellería de Medio Rural este ascendeu en 2017 a 32 millóns de euros. Deste xeito, os populares consideran que “estamos ante unhas cifras que non son menores”, xa que se trata do investimento que realizar un só departamento, “polo que se a esta cantidade lle sumamos o que invisten o resto de consellerías, os números serían aínda moi máis superiores”, afirman.
Dende o PP remarcan que, grazas a esta aportación, son moitos os gandeiros que puideron realizar investimentos nas súas explotacións ou moitos tamén os que se incorporaron ás mesmas. Isto foi posible debido a que a maior parte destas subvencións se enmarcan nos distintos programas impulsados pola consellería, como son os coñecidos plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; o Plan Marco, destinado á rehabilitación de camiños; o desenvolvemento das concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; as subvencións para a transformación e comercialización de produtos, etc.
“A Terra Chá é unha comarca eminentemente gandeira, polo que todas estas axudas cobran especial importancia na nosa zona. Son moitas as familias que viven do rural”, destacan. Tal é así que esta comarca se sitúa como unhas das maiores produtoras de leite de Galicia. Concretamente, Muras, A Pastoriza e Pol teñen máis de 3 vacas por cada persoa empadroada nos respectivos municipios. Asemade, entre os concellos con máis vacas de Galicia, figuran A Pastoriza con máis e 14.600; Castro de Rei con máis de 11.300; e Vilalba con máis de 10.000; o que demostra o peso que ten este sector na economía comarcal.
Por todo elo, os populares agradecen o esforzo da administración autonómica, que dá continuidade ao compromiso manifestado polo seu titular, Alberto Núñez Feijóo, ao comezo deste mandato, cando afirmou que esta ía ser a lexislatura do rural.
As cifras ao detalle
Os 32 millóns de euros que vén de investir a consellería de Medio Rural distribúense do seguinte xeito por municipio:
Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017 |
|
TOTAL por CONCELLO |
CONCELLO |
2.665.739,47 |
Abadín |
943.925,83 |
Begonte |
4.509.586,88 |
Castro de Rei |
3.571.539,96 |
Cospeito |
4.606.920,91 |
Guitiriz |
733.929,24 |
Meira |
1.145.900,81 |
Muras |
5.336.647,79 |
Pastoriza (A) |
1.252.974,89 |
Pol |
5.107.914,12 |
Vilalba |
2.066.453,14 |
Xermade |
31.941.533,03 |
TOTAL provincia |