12, xuño, 2018. A consellería de Medio Rural investiu o pasado ano uns 20 millóns de euros na Zona Sur da provincia, o que permitiu, segundo apuntan os populares da comarca, a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal, así como a mellorar as tarefas desta índole que realizan as entidades locais, como poden ser os traballos de desbroce das estradas da súa titularidade, grazas á concesión de axudas para a adquisición de tractores agrícolas.
Concretamente, o importe destas axudas non só supuxo “un impulso para moitos gandeiros, senón que tamén contribuíu á creación de novos postos de traballo na comarca e, por tanto, ao asentamento de fixación de poboación”, afirman. E é que a maior parte destas subvencións enmárcanse en distintos programas liderados polo departamento autonómico, como son os coñecidos plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; as indemnizacións por retirada de pataca; o Plan Marco para a rehabilitación de camiños; as concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; a transformación e comercialización de produtos, etc.
A este respecto, dende o PP agradecen a colaboración da Xunta de Galicia, que vén a dar cumprimento ao que anunciou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao comezo do presente mandato. “O presidente dixo que esta ía ser a lexislatura do rural, e con estas cifras estámolo vendo. Este investimento axuda aos beneficiarios a profesionalizarse, garantindo a viabilidade das súas explotacións e incluso algo que a veces é moi difícil, como é o relevo xeracional”, remarcan.
Importe por municipio
Deste xeito, o desglose destes case 20 millóns de euros é o seguinte:
Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017 |
|
TOTAL por CONCELLO |
CONCELLO |
851.032,83 |
Bóveda |
2.212.150,60 |
Carballedo |
4.011.461,88 |
Chantada |
1.134.788,56 |
Folgoso de Courel |
1.165.146,40 |
Monforte de Lemos |
814.848,10 |
Pantón |
2.571.420,75 |
Pobra de Brollón |
856.303,52 |
Quiroga |
234.787,69 |
Ribas de Sil |
2.584.814,15 |
Saviñao (O) |
857.225,40 |
Sober |
2.462.350,74 |
Taboada |
19.756.330,62 |
TOTAL provincia |