Partido Popular de Lugo

O PP da Mariña destaca que os 12 millóns investidos por Medio Rural contribúen a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal

12, xuño, 2018. A consellería de Medio Rural investiu o pasado ano 12 millóns de euros na Mariña lucense, o que permitiu, segundo apuntan os populares da comarca, a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal, así como a mellorar as tarefas desta índole que realizan as entidades locais, como poden ser os traballos de desbroce das estradas da súa titularidade, grazas á concesión de axudas para a adquisición de tractores agrícolas.

 

Concretamente, o importe destas axudas non só supuxo “un impulso para moitos gandeiros, senón que tamén contribuíu á creación de novos postos de traballo na comarca e, por tanto, ao asentamento de fixación de poboación”, afirman. E é que a maior parte destas subvencións enmárcanse en distintos programas liderados polo departamento autonómico, como son os coñecidos plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; as indemnizacións por retirada de pataca; o Plan Marco para a rehabilitación de camiños; as concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; a transformación e comercialización de produtos, etc.

 

A este respecto, dende o PP agradecen a colaboración da Xunta de Galicia, que vén a dar cumprimento ao que anunciou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao comezo do presente mandato. “O presidente dixo que esta ía ser a lexislatura do rural, e con estas cifras estámolo vendo. A Mariña, ademais de ser unha zona de costa, tamén ten un peso moi importante no sector agrogandeiro, polo que este investimento axuda aos beneficiarios a profesionalizarse, garantindo a viabilidade das súas explotacións e incluso algo que a veces é moi difícil, como é o relevo xeracional”, remarcan.

Importe por municipio

Deste xeito, o desglose destes 12 millóns de euros é o seguinte:

Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017

TOTAL por CONCELLO

CONCELLO

709.788,86

Alfoz

1.026.943,39

Barreiros

310.084,65

Burela

458.939,50

Cervo

550.344,46

Foz

726.696,99

Lourenzá

1.106.396,56

Mondoñedo

823.515,29

Ourol

834.966,53

Pontenova (A)

482.409,72

Ribadeo

1.584.390,84

Riotorto

1.502.034,04

Trabada

824.032,57

Valadouro (O)

370.599,47

Vicedo (O)

324.808,01

Viveiro

316.450,27

Xove

11.952.401,15

TOTAL provincia