06, xuño, 2018. Tres Concellos da comarca de Sarria -Samos, Láncara e O Incio- reciben preto de 60.000 euros da Xunta de Galicia para a contratación de persoal. Será a través do programa Aprol Rural e das contratacións da RISGA e dos socorristas; iniciativas suporán a creación de 6 novos empregos nos municipios indicados.
Os dirixentes do PP nestas tres localidades aplauden a colaboración da administración autonómica pois, “a parte de que implica a creación de máis postos de traballo; cuestión que non é menos importante nos tempos que corren, permite afondar na prevención dos lumes e no mantemento de camiños municipais e outros espazos públicos”.
Concretamente, o Goberno galego pon a disposición de Samos, Láncara e O Incio varios peóns forestais que levarán a cabo traballos relacionados coa silvicultura, ademais de 1 socorrista en Samos para a atención durante a época estival na piscina municipal.
O proceso de selección dos futuros empregados, como xa deu a coñecer en días pasados a Xunta de Galicia, corre a cargo dos Concellos e o tempo de duración das contratacións vai dende os 2 meses no caso dos socorristas, ata os 7 meses na RISGA e os 9 meses no programa Aprol Rural.
Desglose das cifras
Os importes que recibiron estes Concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:
APROL DO RURAL: 56.247,3 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
SAMOS |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.497,30 EUROS |
O INCIO |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
LÁNCARA |
1 PEÓN |
11.250 EUROS |
SOCORRISTAS: 3.000 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
SAMOS |
1 |
3.000 EUROS |