Partido Popular de Lugo

A Terra Chá, a 3ª comarca da provincia na que a Xunta inviste máis no marco das contratacións da RISGA, Aprol Rural e socorristas

05, xuño, 2018. A Terra Chá é a terceira comarca da provincia na que a Xunta e Galicia inviste máis no marco das contratacións da RISGA, Aprol Rural e socorristas. Concretamente, a administración autonómica destina preto de 344.000 euros a estas iniciativas que permitirán a creación de 36 novos empregos nos 12 Concellos beneficiarios. Son os seguintes: Begonte, Castro de Rei, Guitiriz, A Pastoriza, Xermade, Vilalba, Muras, Abadín, Castro de Rei, Pol, Cospeito e Meira.

 

Unha vez coñecidos estes datos, os representantes do PP das agrupacións municipais destes municipios agradecen publicamente a aportación do Executivo galego, pois supón “un apoio e unha inxección económica moi importante no que ao emprego se refire, pero tamén para que se poidan facer novos traballos no mantemento, conservación e limpeza de camiños e montes”; unhas tarefas, indican, que “nesta época son necesarias” debido a que aumenta o risco de incendios.

 

E é que, grazas a estas tres iniciativas, as entidades locais poderán dar un mellor servizo nas piscinas municipais ou manter en mellores condicións os espazos públicos e as zonas forestais, xa que, na maior parte, os contratos son para realizar os traballos correspondentes a tarefas silvícolas.

 

A selección corre a cargo dos Concellos e o tempo de duración das contratacións vai dende os 2 meses no caso dos socorritas, ata os 7 meses na RISGA e os 9 meses no programa Aprol Rural.

 

 

Desglose das cifras

Os importes que recibiron os Concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:

 

RISGA: 86.547,86 EUROS

 

CONCELLO

TRABALLADORES

CONTÍA

BEGONTE

2 PEÓNS

18.790,80 EUROS

CASTRO DE REI

2 PEÓNS

15.916,04 EUROS

GUITIRIZ

5 PEÓNS

18.833,50 EUROS

PASTORIZA

2 PEÓNS

14.216,44 EUROS

XERMADE

2 PEÓNS

18.791,08 EUROS

 

APROL DO RURAL: 242.250 EUROS

 

CONCELLO

TRABALLADORES

CONTÍA

VILALBA

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

GUITIRIZ

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

MURAS

2 PEÓNS

22.500 EUROS

ABADÍN

2 PEÓNS

22.500 EUROS

XERMADE

2 CONDUCTORES

 

28.500 EUROS

BEGONTE

2 PEÓNS

22.500 EUROS

CASTRO DE REI

2 PEÓNS

22.500 EUROS

POL

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

PASTORIZA

2 PEÓNS

22.500 EUROS

COSPEITO

2 PEÓNS

22.500 EUROS

MEIRA

1 PEÓN AGRÍCOLA

11.250 EUROS

 

SOCORRISTAS: 15.032,58 EUROS

 

CONCELLO

TRABALLADORES

CONTÍA

CASTRO DE REI

1

3.000 EUROS

GUITIRIZ

1

3.401,26 EUROS

MEIRA

1

3.083,36 EUROS

MURAS

1

2.419,32 EUROS

POL

1

3.128,64 EUROS